A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Campos de ensaio de Delagro: ¿Que variedades de millo deron mellores rendementos en 2022 en Galicia?

millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 1A cooperativa Delagro realizou este ano diferentes ensaios en Galicia de variedades de millo que comercializa en exclusiva das marcas Limagrain e Mas Seeds, dous referentes internacionais en progreso xenético en sementes de millo tanto para ensilar como para grao húmido.

Visitamos tres dos campos de ensaio (dous no concello coruñés de Tordoia e un no lucense de Pol) para coñecer cales foron as variedades que lograron mellores resultados nesta campaña 2022, marcada principalmente pola seca.

Campos de ensaio na comarca de Ordes: Destacan Bowen, LG3490 , Mas 431B e 400 D

No caso do concello de Tordoia, os ensarios realizáronse en dous tipos de terreo: Un nunha zona de val, con terreos profundos e outro nunha parcela no monte, con peores condicións de solo. Na xornada organizada por DELAGRO acudiron uns 20 gandeiros e técnicos.

O primeiro campo de ensaio realizouse na parroquia de Viladabade, nunha parcela de 1 hectárea da Gandería Xoalda, con variedades de Mass Seeds dos ciclos 250 a 500.

Tomás Castro, técnico da cooperativa Agraria Comarcal de Ordes (AGCO), socia de Delagro e distribuidora na zona destas variedades exclusivas, destaca que “debido a que esta parcela se sementou tarde, o 19 de maio, os ciclos que mellor se comportaron foron os 300, sobre todo as variedades 431B e 400D, mentres que os ciclos máis longos, de 450 e máis, comportáronse peor porque a sementeira foi tardía”.

Tomás Castro (AGCO): “Recomendamos adiantar no posible as sementeiras de millo”

Malia tratarse dunha zona con bastante humidade no verán e a parcela ter un solo profundo, a seca tamén se notou este ano. “A nosa recomendación dende AGCO para adaptarse ao cambio climático, é intentar adiantar as sementeiras do millo e tamén controlar o mellor posible as malas herbas, cun tratamento en preemerxencia e logo puntear en postemerxencia”, aconsella Tomás Castro.

Pola súa parte, Juan Pablo Gnata, técnico de Delagro para millo, subliña que o obxectivo para os gandeiros co cultivo de millo “debería ser producir a máxima cantidade posible de almidón e cunha alta dixestibilidade para ser transformado en leite pola vaca, máis que producir volume”.

millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 5

Neste sentido, coincide que neste campo de ensaio “os mellores resultados obtivéronse coas variedades Mass 431B e 400 D, pois logran un volume que se achega ao dos ciclos longos pero moito máis amidón que as variedades de ciclos curtos”. “Ademáis, -engade- ao tratarse dun ciclo 300 curto no primeiro e dun 300 medio no segundo, permiten facer rotación con pradeiras temporais, algo que non sucede cos ciclos longos”.

En canto ao campo de ensaio das variedades de Limagrain (LG) exclusivas tamén para Delagro, realizouse nunha parcela sementada o 9 de maio nun terreo de monte. Isto provocou que ao afectar a seca estival, as variedades ensaiadas produciran algo menos de tallo e de mazaroca que nun ano normal.

Nesta parcela ensaiáronse variedades tanto probadas como experimentais, con ciclos entre 300 e 500. En todo caso, as variedades estrela foron a LG3490, un ciclo 450 moi probado, que nesta parcela sementouse a unha densidade de 89.000 plantas -aínda que poden chegar ás 100.000- e que destaca pola sua alta produción de unidades forraxeiras leite (UFL) por hectárea. “É un híbrido moi probado, con porte alto e cunha gran mazaroca con carozo estreito e grans moi longos, o que se traduce nunha maior dixestibilidade do silo”, destacou Enrique González, representante de Limagrain.

Enrique González (Limagrain): “Os rendementos do millo deberíamos medilos en Unidades Forraxeiras Leite que se obteñen por hectárea”

Pero a variedade de LG comercializada pola cooperativa Delagro que máis atraeu a atención foi a BOWEN/LG 3490, un ciclo 300 longo que leva 3 anos no mercado cun importante éxito. “É sen dúbida a variedade de LG que mellores resultados dá en sanidade, con moi boa tolerancia ás cepas coñecidas de Helmyntosproium; en rusticidade e en produción, sendo a que logra mais toneladas de almidón ou litros de leite por hectárea”, subliñou o técnico de Limagrain.

Resultados do campo de ensaio de Pol (Lugo)

AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 1

Rocío Cabado Lema, técnica da cooperativa Aira -socia tamén de Delagro- na zona de Lugo e a Terra Chá e responsable co campo de ensaio, explicou que “trátase dun campo de ensaio ubicado en San Martín de Ferreiros, no municipio de Pol, sementado o 15 de maio cun total de 10 variedades, 5 de LG e 5 de Mas Seeds, desde ciclos curtos a ciclos 350 ou 400, que son os máximos admitidos nesta zona”.

“O ciclo aquí está bastante limitado debido a que as ganderías andan xustas de superficie agraria e necesitan aproveitar os cortes de herba antes de botar o millo. Por iso, os ciclos que máis se usan nesta zona son os ciclos 300″, engade.

Ao igual que no de Tordoia, nesta parcela ensaiáronse variedades exclusivas de Delagro, como Bowen, LG 31.388 ou LG 31.277 ou o MAS 400.D.

Como punto de partida, Rocío Cabado destaca que “esta é unha zona privilexiada para o cultivo do millo, acadando sempre resultados aceptables, por enriba de 40.000 kilos por hectárea, incluso en anos secos coma este, dado que as néboas e orballos, que son moi característicos desta zona, lograron manter un mínimo de humidade, se ben é certo que este ano quizais o millo quedou un pouco máis pequeno e hai menor diferenza de altura entre as distintas variedades”.

Rafael Peláez, técnico de Limagrain (LG): “A tendencia de futuro vai a mazorcas máis pegadas ao tallo”

Rafael Peláez, técnico de Limagrain (LG), explicou que neste campo ensaiáronse 4 variedades en LG que incorporan a tecnoloxía Hydraneo, o que lles permitiu ser máis resistentes á seca, algo determinante nun ano coma este.

Ao igual que os seus compañeiros, destacou “a importancia da dixestibilidade do millo, especialmente para granxas con robot, xa que a vaca necesita comer máis e aproveitar máis o que come para producir máis leite”.

Como recomendacións aconsellou “lograr plantas con 1 soa espiga ben rematada que plantas con 2 espigas mal rematadas, xa que son un problema no silo á hora da conservación”. “Evitar as 2 espigas lógrase con maiores densidades, e neste sentido a recomendación está entre 85.000 e 90.000 plantas por hectárea en recolección (+ 5% en sementeira)”, explica.

En canto á tendencia de futuro, Rafael Peláez avanzou que “vaise a mazorcas máis pegadas ao tallo na arquitectura da planta, porque poliniza mellor e fai menos resistencia ao vento, así como lograr tallos máis finos e dixestibles que aguanten verdes ata o final do ciclo”.

Juan Pablo Gnata (Mas Seeds): “Aconsellamos sementar dous ciclos diferentes para asegurar produción”

Pola súa parte, Juan Pablo Gnata técnico de Delagro para a marca Mas Seeds, analizou as consecuencias da seca e da vaga de calor na produción de millo na provincia de Lugo. “Este ano a anomalía climática, cun grao máis de temperatura da media habitual na zona da Mariña e partes da Terra Chá, axudou a que o millo completase o seu crecemento, algo que outros anos non acontecía, pero esta anomalía foi de ata tres graos máis na zona sur de Lugo, o que provocou estrés hídrico e fixo que saíra o pole masculino cando a flor feminina aínda non estaba preparada para recibilo, producíndose problemas de polinización que afectaron ao desenvolvemento da espiga”, asegurou.

Neste sentido, a súa recomendación é diversificar o risco, sementando dous ciclos diferentes para asegurar produción, porque “se sementamos un millo cedo e outro máis tarde sempre vai haber unha ventá de oportunidade para unha boa colleita”.

Entre as variedades máis destacadas neste campo de ensaio salientou:

-MAS 16.B e MAS 24.C, variedades de ciclo moi curto para terreos que encharcan e obrigan a sementar tarde. Pasa por exemplo en zonas da Terra Chá como pode ser Muimenta. Son variedades que funcionan ben a altas densidades.

Incorporan a tecnoloxía Green plus, cunha maior dixestibilidade do almidón, o que se asocia a maior producion de leite. “A 28% de MS o millo está aínda enchendo o gran, esa etapa péchase ao 32% de MS, por iso recomendamos colleitar a esa porcentaxe. Se o facemos antes estamos perdendo quilos de gran”, subliñou.

-CITADEL: Variedade Water Lock máis resistente á seca, que se está usando na zona de Chantada, Palas ou Castroverde. Variedades con coloración roxiza no tallo resisten mellor a seca. Ten capacidade de producir moito grao con pouca auga, por iso en zonas como Polonia se usa para produción de grao.

-MAS 400.D: “É unha varidade que ten moito potencial de produción de quilos por hectárea en Pol e arredores para sementeiras anteriores ao 15 de maio. Nos ensaios realizados no CIAM en Mabegondo, esta variedade aportou un 33% máis de rendemento que as variedades testemuño”, destacou o técnico.

Fotos dos campos de ensaio en Tordoia: 

millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 1 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 2 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 3 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 4 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 5 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 7 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 8 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 9 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 10 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 12 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 LG 13 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 1 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 2 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 3 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 4 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 6 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 7 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 9 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 11 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 12 millo delagro campo ensaio Tordoia 22 MAS SEEDS 13

Fotos dos campos de ensaio en Pol: AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 1 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 3 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 2 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 5 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 6 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 7 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 8 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 10 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 11 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 12 AIRA CAMPO DE ENSAIO POL 22 15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *