Belacolmea seleccionada entre 8 finalistas para competir nos ‘Premios de Inspiración Agraria e Rural’ ARIA 2023

Belacolmea representa a cosmética consciente e natural que desenvolve o seu traballo con mel de Galicia.

Belacolmea seleccionada entre 8 finalistas para competir nos ‘Premios de Inspiración Agraria e Rural’ ARIA 2023

A innovación dentro do rural mediante o uso de produtos naturais é unha das vías abertas de cara ao desenvolvemento sostible na agricultura. Unha desas liñas é a apicultura e as posibilidades que ofrece dentro de diversas modalidades como é a cosmética. Un exemplo é a empresa galega Belacolmea que ofrece unha variedade de produtos cosméticos en base ao mel producido en Galicia.

Desta maneira, a Rede Europea da PAC convocaba o pasado mes de maio os ‘Premios de Inspiración Agraria e Rural’ ARIA 2023. Uns galardóns destinados a recoñecer e compartir os mellores casos de boas prácticas desenvoltos no medio rural baixo o paraugas da Política Agrícola Comunitaria. Para iso establecíanse catro categorías a nivel europeo —Protección do medio ambiente, Tecido socioeconómico das zonas rurais, Habilidades das partes interesadas rurais e Agricultura intelixente e competitiva—, na procura daquelas iniciativas que avoguen pola aprendizaxe permanente e que capaciten ás persoas para apoiar a innovación e a competitividade no rural.

Precisamente, Belacomea está entre os oito proxectos nacionais que competirán nesta edición dos afamados galardóns. A firma cosmética é unha das dúas iniciativas españolas que concorren na categoría ‘Habilidades das partes interesadas rurais’, xa que segundo entende a propia organización: “Estes cosméticos naturais supoñen un exemplo de desenvolvemento rural e equilibrio ecolóxico. Con eles auméntase a profesionalización do sector grazas a novos produtos de alto valor engadido. Ademais, diversifican a produción apicultora nas zonas rurais”.

Este mes de novembro, a organización publicará os 24 finalistas preseleccionados entre todos os proxectos presentados polas Redes Nacionais europeas. O proceso culminará coa celebración dunha cerimonia en Bruxelas o próximo decembro, onde se anunciarán os cinco gañadores —un por cada categoría e outro por votación popular—.

Belacolmea: máis aló da cosmética, un proxecto de vida

Belacolmea nace da man da Agrupación Apícola de Galicia, co obxectivo de poñer en valor as potencialidades dos produtos da colmea, a través dunha liña de cosmética natural creada con Mel de Galicia IGP. O compoñente que dá aos seus bálsamos e cremas un alto poder nutritivo, antiséptico, antioxidante e rexenerador.

Co paso do tempo, fomos incorporando á nosa rutina de beleza opcións moito máis naturais e sostibles que as tradicionais. Xa non só impórtanos o coidado da pel ou o cabelo, senón tamén o do medioambiente, a posta en valor do artesanal e o impulso dos proxectos que moven o ámbito rural. Precisamente, a firma Belacolmea aposta forte por unha concepción da cosmética entendida desde a naturalidade, a calidade e a confianza a base de formulacións que inspiran unha nova forma de vivir a beleza.

Desde a cosmética, Belacolmea busca devolvernos ás orixes a través dun proxecto desenvolvido no medio rural que procura impulsar esta contorna e servir de inspiración a outros emprendedores.

Os imprescindibles de Belacolmea para coidar da túa pel este inverno

Coa chegada do inverno, a nosa pel tende a experimentar grandes cambios debido á baixada brusca das temperaturas. Non é de estrañar que a secura, a descamación, a irritación e os beizos gretados fagan a súa entrada en escena. Precisamente, para combater todos estes efectos negativos, Belacolmea recoméndanos estes catro produtos naturais que se converterán no imprescindible de toda rutina de beleza:

Crema Corporal Enriquecida

Proporciona unha hidratación profunda grazas á súa composición a base de Mel de Galicia IXP, aceites de améndoas e aguacate, manteiga de karité e aceites esenciais de romeu, lavanda e geranio. Activos que axudan a acougar, reparar, nutrir e tonificar a pel.

Crema Reparadora de Mans e Uñas

Adeus ás mans deshidratadas grazas a esta crema con Mel de Galicia IGP, aceite de coco, aceite de améndoas, manteiga de karité e aceites esenciais de palmarosa, romeu e laranxa. Proporciona alivio e nutrición intensa, á vez que ten propiedades antiinflamatorias e antienvejecimiento.

Crema Facial Anti Idade Noite

Unha crema con acción tensora e reafirmante formulada a base de Mel de Galicia IXP, rosa mosqueta, aceites de macadamia, aguacate e cártamo. Ademais, a estes suma os aceites esenciais de incenso, geranio e pomelo. Reduce engurras e liñas de expresión, potencia o sistema inmune e promove a rexeneración da pel.

Bálsamo Labial Reparador con Xelea Real

Adeus aos beizos gretados da man deste labial elaborado con Mel de Galicia IXP, xelea real, cera de abella, aceite de karité e de améndoas, manteiga de cacao e vitamina E. Conséguese unha poderosa hidratación e máxima suavidade, ademais de protección fronte aos axentes externos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información