A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Así será o cultivo do millo no futuro en Galicia

Bayer celebrou a pasada semana en Santa Comba (A Coruña) unha xornada para coñecer un dos 3 campos de ensaio de millo forraxeiro que a multinacional ten en España para probar novas variedades e ensaiar novas tecnoloxías de cultivo. Estas son as innovacións que en breve serán presente en moitas ganderías...

Un momento da xornada

Un momento da xornada

Uns 100 gandeiros de toda Galicia déronse cita o pasado xoves en Santa Comba (A Coruña) na Xornada Bayer Arena, na que a multinacional presentou as últimas innovacións para mellorar en rendemento do cultivo do millo, en concreto a súa aplicación Fieldview, cuxas vantaxes puideron comprobarse en directo a través da ensilaxe dunha leira de millo.

Ademais, os asistentes observaron in situ os resultados das variedades máis demandas de Dekalb, así como o comportamento do novo híbrido DKC 5110. Igualmente, recibiron información sobre as claves para un bo manexo dos herbicidas e insecticidas dos que dispón Bayer para o cultivo de millo.

A parcela na que celebrou a Xornada Bayer Arena, unha das 3 das que dispón en España a multinacional alemá, é unha leira de 5 hectáreas pertencente a Gandería Mouro SC.

Fieldview: A app que permite realizar unha agricultura de precisión no cultivo do millo e mellorar a rendibilidade para o gandeiro

Anxo Valiño, responsable do Departamento e Innovación de Bayer para Galicia, Castela e León e Asturias, explicou que “o que nos permite esta aplicación, dispoñible gratis na súa versión standard para os clientes do noso millo Dekalb, é realizar unha agricultura máis sostible, en consonancia co que nos vai esixir a nova PAC a partir do 2023, e por tanto máis rendible para o gandeiro”.

En concreto, a aplicación FieldView incorpórase á picadora para realizar no momento da colleita un mapa de rendemento das distintas zonas da parcela. “O obxectivo desta aplicación é lograr rendementos máis homoxéneos na parcela, optimizando o uso de fertilizantes, de forma que apliquemos máis abono orgánico nas zonas que máis o necesitan, máis abono químico onde obteñamos mellores rendementos, e tamén realizar doses de sementeira variables, indo a densidades máis elevadas nas mellores zonas da leira e baixando a densidade de planta nas partes máis pobres”, resume o responsable de Bayer.

Imaxes de Fieldview: Á dereita imaxe do estado do cultivo o 25 de xullo e á esquerda mapa de rendementos da parcela no momento da colleita o 15 de setembro: 

BAYER DEKALB FIELDVIEW 2022 MILLO SANTA COMBA

No caso concreto desta parcela de Gandería Mouro SC estaba a monte hai 3 anos, con zonas encharcadas e outras máis secas, o que explica en parte a súa variabilidade de rendementos.

Neste sentido, Anxo Valiño asegura que “empezamos a traballar o pasado ano con FieldView con imaxes por satélite NDVI da parcela, que se actualizan cada 7 días, e que nos permiten ver o índice de crecemento vexetativo en cada parte da leira e, por tanto, en que partes as plantas padecen estrés hídrico, teñen déficit de nutrientes…etc.”. “Como curiosidade destacaría que a imaxe que temos na floración do millo, no mes de xuño ou xullo, é moi parecida normalmente á que despois obtemos na colleita no mapa de rendementos”, avanza.

Este campo de ensaio de Santa Comba foi sementado o 6 de maio, utilizando como base o mapa de rendementos da mesma do ano 2021. Probáronse 4 variedades de Dekalb (DKC 5911, DKC 5110, DKC 5144 e DKC 4595) e aplicáronse dúas densidades de sementeira: unha con 92000 plantas por hectárea e outra con 101.000 plantas.

Anxo Valiño: “Queremos estender Fieldview ás ganderías galegas para facilitarlles que poidan mellorar a súa rendibilidade”

“A agricultura de precisión é o futuro e hoxe a maquinaria permite realizala, pois xa hai no mercado tanto abonadoras como sementadoras de precisión, con dosificación variable utilizando un mapa de rendementos previo. Para que as coselleitadoras poidan realizar este mapa teñen que incorporar un sensor de masa, algo que en Galicia é certo que só dispoñen do moi poucas, neste momento. No noso caso a empresa de servizos agrarios que realizou a colleita, Ventura Souto SL, si que dispón de picadoras con el”, explica o responsable do Departamento e Innovación de Bayer

“Estas innovacións que estamos a aplicar nesta gandería queremos estendelas nos próximos anos ao resto de ganderías galegas para que mediante FieldView podamos ofrecerlles unha recomendación de abonado e de dose de sementeira variable en cada parcela, para así mellorar a súa rendibilidade”, conclúe.

Mazarocas das variedades ensaiadas

Mazarocas das variedades ensaiadas

Ensaio das variedades top de Dekalb en millo forraxeiro e do novo DKC 5110

En canto ás variedades ensaiadas, desde Dekalb destacan que “todas elas pasaron un proceso de selección previo, con cultivo noutro campo de ensaio en Mazaricos, para seleccionar aquelas que mellor se adaptan ás condicións das comarcas de clima máis tépedo de Galicia e de Asturias”. En concreto, tívose en conta a resistencia á roia e a outros fungos, como o Helminthosporium, así como a dixestibilidade tanto da fibra como do amidón, para escoller aquelas que teñen mellor conversión en leite.

Das catro ensaiadas estas son as características máis destacadas:

DKC 5144: Ciclo 400 con xa unha traxectoria de cultivo. Destaca a súa boa mazaroca e a súa alta resistencia ao Helminthosporium. 

Exif_JPEG_420

DKC 5911: Ciclo 500 que esixe sementeiras temperás, como moi tarde a finais de abril. Moi boa mazaroca, cunha media de 20 filas de grans e altas producións. Moi rendible para o gandeiro con elevadas producións permitindo densidades altas se a leira o permite.

Exif_JPEG_420

DKC 4598: Ciclo 300, variedade moi rústica, con moi boa sanidade e stay greeen.

Exif_JPEG_420

DKC 5110: A nova variedade de Dekalb que se presenta como unha híbrido bisagra entre un ciclo 300 e un 400. Boa produción de mazaroca e algo máis precoz que o DKC 5144. Moi boa dixestibilidade tanto da fibra como do amidón.

Exif_JPEG_420

Uso cada vez máis eficiente dos herbicidas

Por último, Montse Vázquez, delegada comercial de Bayer para Galicia explicou os cambios que se aveciñan coa nova PAC en canto ao uso de produtos fitosanitarios.

“Cada vez hai unha maior limitación por parte da Comisión Europea no uso de herbicidas e insecticidas, e a proba é que ás empresas cada vez élles máis difícil sacar novas materias activas ao mercado”, explico.

Esta crecente restrición á actividade agrícola por parte da Unión Europea obrigará aos produtores para ser máis eficientes. “O futuro está nunha aplicación variable de herbicidas e demais fitosanitarios; en alternar materias activas para reducir o risco de resistencias nas malas herbas e en combinar unha aplicación de herbicida en preemerxencia con outra de postemerxencia, no caso do amaranto,e iso si, coa herba pequena”, explicou Montse Vázquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *