A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech Spain presenta o seu informe de sustentabilidade 2022

O Informe é froito do esforzo colectivo e a colaboración entre departamentos da empresa e empregados e constitúe a testemuña do seu compromiso co propósito da visión Planet of Plenty™ de Alltech Inc.

Alltech Spain presenta o seu informe de sustentabilidade 2022

Paneis solares fotovoltaicos na fábrica de Alltech Spain en Almoguera, Guadalajara

A loita contra o cambio climático convertiuse no gran reto ambiental para empresas e organizacións, que se enfrentan a una transformación dos procesos produtivos orientada á descarbonización e á economía circular.

En sintonía con isto, Alltech Spain implantou no seu momento un sistema de identificación e cuantificación das fontes de emisión de GEIs que xeran as súas actividades e estableceu unha metodoloxía de cálculo da súa pegada de carbono conforme a normas internacionais, que permite coñecer o conxunto das súas emisións e establecer estratexias para a súa redución.

En esencia, la sustentabilidade sempre foi unha forza impulsora de Alltech. Durante décadas, a empresa foi unha firme defensora dos valores que mostran prioridade polos animais, os consumidores e o medio ambiente.

Con carácter periódico, a empresa fixa os seus obxectivos para a súa Ruta de Descarbonización 2025, centrada nas actividades que xeran un maior impacto medioambiental e que están recollidas no Rexistro da pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono, na Subdirección Xeral de Coordinación de Accións frente ao Cambio Climático do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD).

O Informe de Sostenibilidad 2022 de Alltech Spain presenta os avances significativos que a empresa logrou para aliñar as súas accións cos Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) das Nacións Unidas. En sí mesmo constitúe un documento público que, con transparencia, define o entorno de implantación da súa estratexia ESG, identifica os obxectivos de mellora e recolle os avances logrados en dita estrategia. Esta, que é a primeira edición, será seguida das consecuentes versións anuais, que recollerán os sucesivos progresos logrados.

Accede ao informe completo aquí.

A visión Planet of Plenty™

A visión Planet of Plenty de Alltech cre que a agricultura e a gandería teñen o maior potencial para contribuir á lota polo cambio climático. Pero debemos establecer alianzas entre todos os operadores da cadena de valor, produtores, industria e distribuidores, para lograr o obxectivo. Alltech, no seu propósito por contribuir a un planeta de abundancia, está comprometida con tres pilares básicos na aposta pola sustentabilidade: lograr alimentos para todos, revitalizar as economías locais e preservar os recursos naturais do planeta.

A sustentabilidade convertiuse no novo “innegociable” nas nosas vidas e nas nosas actividades e Alltech está comprometida con promocionar e participar no desenvolvemento de todas as iniciativas que podan facer posible o futuro do noso planeta e das novas xeracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *