A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech e Agolin asócianse para proporcionar solucións nutricionais que favorezan unha produción gandeira sustentable

Alltech e Agolin asócianse para proporcionar solucións nutricionais que favorezan unha produción gandeira sustentable

De esquerda a dereita: Michael Roe (director comercial de Agolin), Kurt Schaller (director xeral de Agolin), Beatrice Zweifel (directora técnica de Agolin) e o Dr. Mark Lyons (presidente e CEO de Alltech).

Como empresa líder mundial en nutrición animal, Alltech márcase como obxectivo asociarse con compañías que comparten a súa visión Planet of Plenty. Así, Alltech anunciou hoxe que adquiriu a maioría das accións de Agolin.

Fundada en 2006 en Suíza, Agolin desenvolve e produce solucións nutricionais baseadas en ingredientes activos de orixe vexetal que optimizan a eficiencia, a rendibilidade e a sustentabilidade da produción animal, o que está apoiado por unha metaanálise publicado en 2020 na revista Animals. 

Demostrouse cientificamente que as mesturas de aceites esenciais de alta calidade de Agolin optimizan o consumo de alimento e o rendemento animal, incluíndo unha maior produción de leite e carne. Así mesmo, Agolin® Ruminant foi o primeiro aditivo alimentario certificado (en 2018) por The Carbon Trust para reducir as emisións de metano dos ruminantes. Na actualidade, organizacións como Verra e Gold Standard inclúeno nos seus principais proxectos globais de protección ambiental. 

“As mesturas de aceites esenciais de Agolin complementan as tecnoloxías nutricionais certificadas de Alltech, como Yea-Sacc® e Optigen®,” sinalou o Dr. Mark Lyons, presidente e CEO de Alltech. “Diversos países, marcas de consumo e cadeas de distribución están a asumir importantes compromisos para reducir os seus impactos sobre o medio ambiente. Estes compromisos dependen en gran medida dos produtores agropecuarios, polo que nós enfocámonos en proporcionarlles as mellores solucións dispoñibles no mercado para que produzan máis leite e carne e ao mesmo tempo reduzan a súa pegada ambiental”, destaca.

Esta alianza entre Alltech e Agolin permitirá aos produtores cumprir coas súas metas de sustentabilidade, así como optimizar o rendemento e a rendibilidade dos seus animais e auxiliar á cadea de subministración. O uso sinérxico das tecnoloxías nutricionais de Alltech e Agolin ofrecerá maiores beneficios para o benestar animal, a eficiencia alimenticia, a produción de leite e de carne, a rendibilidade e a redución da pegada ambiental, incluíndo un aumento na eficiencia do uso do nitróxeno. Ambas as compañías tamén terán oportunidades para desenvolver novas solucións que integren o mellor da nutrición de Alltech e as mesturas de aceites esenciais de Agolin. Agolin está presente en Europa, Asia e Norteamérica e esta participación maioritaria de Alltech na empresa suporá a súa introdución noutros mercados.

“En Agolin estamos contentos con esta alianza estratéxica, xa que poderemos medrar de forma conxunta grazas á experiencia técnica e ao alcance global de Alltech”, declarou Kurt Schaller (director xeral de Agolin SA). “Este acontecemento representa unha nova etapa para a nosa empresa e esperamos abrir novos camiños na industria agropecuaria”.

 Agolin está enfocada na investigación, o desenvolvemento, a produción e a comercialización de aditivos alimentarios innovadores. baseados en ingredientes activos de orixe vexetal, os cales son eficaces e fáciles de usar. As mesturas de aceites esenciais de Agolin están apoiadas por un sólido sistema de xestión de calidade (FAMI-QS) que asegura a súa inocuidade e trazabilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *