A EFA Fonteboa organiza unhas Xornadas de Fruticultura a próxima semana

Publicidade
A EFA Fonteboa organiza unhas Xornadas de Fruticultura a próxima semana
Data inicio: 28/01/2016
Data fin: 30/01/2016
Lugar: Ponte Pequena, 22, 15147 Coristanco, A Coruña, España

A EFA Fonteboa organiza no seu centro de Coristanco (A Coruña), unhas xornadas de Fruticultura.

O programa é o seguinte:

Xoves 28 de Xaneiro

15:30-16:30: Manexo e rendibilidade na produción de kiwi. Martín Fernández Fernández (Enx. Agrónomo. Técnico en Kiwi Atlántico S.A.)

16:30-17:30: A importancia da fertilización na produción de froita
José Luis García (Director de desenvolvemento en FERTINAGRO NUTRIENTES, S.L.)

17:30-18:30: Unha iniciativa diferente en fruticultura: O cultivo do arando
José Ángel Roca Vázquez (Xerente de GALICIANBERRIES, S.L.)

18:30-19:00: Mesa redonda cos ponentes

Venres 29 de Xaneiro

12:00-13:30: Actividade práctica de enxertos en Viveiros Amado (Cabovilano-Laracha). Manuel Amado Souto (Xerente de Viveiros Amado)

Sábado 30 de Xaneiro

10:00-13:00: Actividade práctica de poda en frutais
(Centro de Promoción Rural -EFA Fonteboa – Coristanco)
Eduardo Penedo Padín (Enx. Forestal. Xerente de ARBOTÉCNICA)

Información e Inscrición:

981 733 051 inscricion@efagalicia.org
Inscrición: 10€ (Socios Asoc. Fonteboa). 20€ (Non Socios)

Para as clases prácticas cada persoa ten que traer o seu material (tesoiras de poda, guantes)

Descarga aquí o programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *