A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

YMCP Vitall®: O produto que axuda á vaca recén parida a lograr o seu máximo rendemento

YMCP Vitall® é o único bolo do mercado que contén fermento vivo e calcio de rápida absorción que estimula a actividade ruminal e recupera o nivel óptimo de inxestión posparto. Durante The Vital 90™ Days, YMCP Vitall® encaixa dentro das estratexias encamiñadas a que a vaca se adapte de forma satisfactoria aos cambios e ?supere? as dificultades que comporta este período.

YMCP Vitall®: O produto que axuda á vaca recén parida a lograr o seu máximo rendemento

No seu compromiso por axudar aos veterinarios e aos gandeiros a facer fronte aos retos e oportunidades que xorden nos 90 días en torno ao parto da vaca, Elanco incorpora dentro do seu programa The Vital 90 Days™, un novo produto, YMCP Vitall®, desenvolvido por TechMix. Trátase dun penso complementario mineral en formato de bolos, o único do mercado que contén fermento vivo e calcio de rápida absorción que estimula a actividade ruminal e recupera o nivel óptimo de inxestión posparto.

Acerca de The Vital 90™ Days

The Vital 90™ Days é o nome acuñado para o período de 90 días en torno ao parto (desde o secado, aproximadamente 60 días preparto, e até o mes posparto) nos que a vaca experimenta gran multitude de cambios de manexo (nas rutinas, alimentación, aloxamento….) e internos (a nivel metabólico, endocrino e inmunitario) de cuxa adaptación dependerá en gran medida a súa permanencia na granxa e o éxito da lactación. Trátase dun período crítico, no que se centran moitos dos investimentos en termos de tempo e de diñeiro nas gandarías que buscan a mellora dos resultados produtivos. O veterinario, o nutrólogo e o gandeiro poñen en marcha multitude de estratexias encamiñadas a que a vaca se adapte de forma satisfactoria aos cambios e supere as dificultades que comporta este período.

The Vital 90™ Days defende unha abordaxe holística do traballo que se fai nas explotacións, aposta por mirar máis aló do período de transición tradicional, e por emprender accións de tipo preventivo xa desde o momento do secado para lograr alcanzar o potencial produtivo de cada animal. The Vital 90™ Days é a plataforma de Elanco para o vacún leiteiro e aúna persoas, produtos, ferramentas de diagnóstico, análise de datos e xornadas de formación no seu compromiso por axudar aos veterinarios e gandeiros a facer fronte aos retos e oportunidades que xorden nos 90 días en torno ao parto da vaca.

A recuperación da vaca recén parida require máis que só calcio

As vacas en postparto tardan en recuperar unha plena inxestión de alimento, e non adoitan obter os nutrientes necesarios para a súa rápida recuperación.  YMCP Vitall® é un produto clave porque contén, entre outros moitos ingredientes, fermento vivo para o correcto funcionamento do rume e a estimulación da inxesta.

Ademais de fermento vivo, YMCP Vitall® inclúe outros nutrientes que satisfán as necesidades das vacas recentemente paridas como: calcio, para a óptima produción de costro e leite e a correcta resposta inmunitaria; magnesio, necesario para o metabolismo do calcio; potasio, responsable do correcto equilibrio hídrico; niacina, para mellorar a función hepática e espertar o apetito e osmolito para axudar á saúde celular.

Os desafíos da vaca leiteira son moitos e o uso de YMCP Vitall® pode alivialos, reducindo a tensión tanto para a vaca como para o gandeiro. Se se consegue que as vacas se alimenten ben durante os 90 días vitais, terán unha lactación moi produtiva.

Os estudos demostran que o fermento vivo mellora o rendemento do leite nas vacas leiteiras

O uso de fermento vivo ten unha longa historia no mercado da nutrición de ruminantes. Existe unha gran cantidade de traballos de investigación que permiten avaliar os beneficios e a funcionalidade que ten este suplemento alimenticio na saúde e o benestar do animal; entre eles demostrouse que mellora a función do rume, cos consecuentes efectos sobre o rendemento animal.

O fermento vivo axuda, por unha banda, a regular a estrutura da flora microbiana, mellorando a fermentación anaeróbica e aumentando a eficiencia dos microorganismos do rume, e por outro, á descomposición da fibra estimulando unha maior dixestión e absorción da mesma. Por tanto, como aditivo natural dos pensos, o fermento vivo pode mellorar o rendemento da produción e a calidade do produto dos rumiantes.

Estudos de investigación da Iowa State University demostran que cando se suplementa con calcio só, as vacas hipocalcémicas en risco producen menos leite e teñen tempos de recuperación máis longos.

A este respecto, YMCP Vitall® non só proporciona calcio senón tamén outros nutrientes críticos que impulsan a recuperación. Cos bolos de YMCP Vitall® as vacas recuperan a inxesta de alimento máis rapidamente e aumentan a produción diaria de leite. Os estudos de rume in vitro demostran que cos bolos de YMCP Vitall® lógrase unha maior e mellor actividade microbiana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *