Xornada agraria en Melide sobre o futuro da Pac e do agro galego

Publicidade
Data inicio: 11/04/2017
Data fin: 11/04/2017
Lugar: Hotel Carlos 96, Avenida Lugo, Mellid, España

A Asociación Agraria de Galicia, en colaboración con Agrobank, organiza o vindeiro martes, 11 de febreiro, en Melide unha xornada agraria na que analizarán o futuro da Pac despois do 2020, as axudas de Agader para proxectos no rural, as liñas de axuda da Xunta para o sector forestal ou unha mesa redonda sobre o futuro do sector lácteo galego.

A xornada celebrarase no Hotel Carlos 96, en Melide, e o programa é o seguinte:

11:45 h. Recepción de asistentes e apertura da xornada.

12:00 h. Axudas de AGADER para proxectos no rural no marco do novo programa
LEADER 2014-2020 Ponente: D. Javier Blanco Carballal, Subdirector de Relacións cos
Grupos de Desenvolvemento Rural de AGADER

13:00 h. Liñas de axudas e de actuación no ámbito forestal da Consellería do Medio Rural
Ponente: D. Tomás Fernández-Couto Juanas, Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal
da Consellería do Medio Rural.

14:00 h. Buffet

15:30 h. Principais liñas estratéxicas sobre as que se asentará a futura PAC máis alá do
2020 Ponente: D. Fernando Miranda Sotillos, Director General de Producciones y Mercados
Agrarios del Ministerio de Agricultura y Pesca Alimentación y Medioambiente.

16:30 h. Mesa redonda de debate sobre o futuro do sector lácteo.
Modera: D. Francisco Bello Bello, Presidente da Asociación Agraria de Galicia

Participan:
D. Fernando Miranda Sotillos, Director General de Producciones y Mercados Agrarios del
Ministerio de Agricultura y Pesca Alimentación y Medioambiente.
Dona Belen Docampo Piñeiro, Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias
da Consellería do Medio Rural.
D. Luis Calabozo Morán, Director General de FENIL
D. José Luis Antuña Álvarez, Director Xeral de FEIRACO S.C.G.
D. Ramón Artime, Vicepresidente da INLAC
D. Pablo Costoya Varela, Presidente de Melisanto S.C.G.

18:00 h. Clausura da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *