A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Vetia sigue medrando grazas á adquisición das farmacéuticas Maymó e Iven

A compañía pertencente ao grupo Zendal, que duplicará a súa facturación con esta integración, ofrecerá aos profesionais de sector “unha gama completa e diversificada de produtos”, entre os que se atopan produtos hormonais para bovino e complementos nutricionais de orixe natural

El director general de Vetia Animal Health, Jürgen Brandner

El director general de Vetia Animal Health, Jürgen Brandner

Vetia Animal Health, filial do grupo Zendal, ve reforzado o seu portfolio de produtos farmacolóxicos para sanidade animal grazas á adquisición, por parte do Grupo Zendal, da compañía farmacéutica Laboratorios Maymó e Laboratorios e Industrias Iven.

Esta operación, que permitirá a Vetia Animal Health duplicar a súa facturación, chega trala compra en 2021, por parte de Grupo Zendal, da farmacéutica Laboratorios Ovejero, con sede en León, cuxos produtos comercializa Vetia desde entón.

Esta adquisición súmase á compra de Laboratorios Ovejero en 2021 por parte do grupo Zendal

Maymó conta con 16.000 metros cadrados de capacidade produtiva en Castellbisbal (Barcelona), cunha planta na que se fabrican medicamentos para distintas especies animais baixo unha ampla gama de produtos farmacolóxicos, que inclúe inxectables, solucións orais, polvos orais e premezclas medicamentosas. Ademais, o grupo catalán está presente no mercado internacional a través da súa filial mexicana Mayvet.

“A integración de Maymó e Iven permítenos, polo seu volume de negocio, acelerar o noso crecemento e posicionarnos como unha empresa referente en sanidade animal, no sector de animais de produción”, confirma o director xeral de Vetia Animal Health, Jürgen Brandner. “Ampliamos o noso vademécum incorporando unha ampla gama de produtos farmacolóxicos que nos vai permitir traballar en sinerxia cos nosos recoñecidos biolóxicos e abordar patoloxías de forma máis integral”.

A compañía aumenta o seu portfolio con suplementos naturais a base de plantas e produtos biolóxicos

Ademais, a liña de suplementos naturais a base de plantas producidos pola empresa india Natural Remedies que Maymó viña distribuíndo, dá entrada a Vetia Animal Health a un segmento de mercado “novo, crecente e con futuro”, engade Brandner. A finalidade é impulsar esta gama: “Consideramos que require unha atención especializada e diferenciada. Os complementos nutricionais de orixe natural están a experimentar un gran auxe. O sector veterinario busca alternativas complementarias ao uso de antibióticos e a outros tratamentos farmacolóxicos, e produtos como Phytocee, Feed-X, Stodi-D, demostraron ser unha opción moi válida”.

A compra de Maymó e Iven permite a Vetia entrar no mercado portugués, no que ata o de agora non tiña presenza

A incorporación de Maymó e Iven supoñerá, así mesmo, completar o porfolio de Vetia con produtos hormonais, destinados sobre todo á especie bovina. Tamén permitirá á compañía penetrar no mercado portugués, no que ata o momento non tiña presenza. Para adaptar o seu equipo humano a estes novos retos, a compañía ampliou a súa rede de vendas, incorporado a un técnico de porcino e creado un equipo para a liña de produtos nutricionais.

“Agora estamos en posición de poder ofrecer aos profesionais do sector, veterinarios e gandeiros unha gama completa e diversificada de produtos”, confirma o director xeral de Vetia Animal Health. “O noso maior obxectivo é seguir sendo unha alternativa áxil e eficaz achegando solucións, servizos e produtos de calidade que axuden ao sector veterinario e gandeiro a mellorar a sanidade e benestar dos seus animais e, con iso, a rendibilidade das súas explotacións”, conclúe Jürgen Brandner.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *