A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Uniform e Allflex Livestock Intelligence melloran a xestión dos rabaños de vacún de leite integrando os seus programas

uniform allflex 2Uniform-Agri e Allflex Livestock Intelligence, dúas empresas de referencia internacional en sistemas de monitorización e xestión de rabaños de vacún de leite, presentaron a pasada semana a través dun webinar a integración nunha única plataforma dos seus programas estrela.

Trátase de Uniform-Repro, programa de xestión para gandarías de vacún de leite e pensado para gandeiros e consultores, e de SENSEHUBTM un completo programa de monitorización da multinacional Allflex Livestock Intelligence .

Almudena Molinero, veterinaria e responsable de vendas e mercadotecnia de UNIFORM-Agri en España e Portugal, destaca a integración de ambos os programas nunha mesma interfaz. “Con UNIFORM-Repro o gandeiro dispón nunha soa pantalla de todos os datos que achega SENSEHUBTM, que se unen aos que nos facilitan outros dispositivos como salas de muxido, programa de reprodución…etc. Desta forma, facilitamos moito o traballo, porque a comunicación entre programas é automática e bidireccional, evitando ter que duplicar o traballo de rexistro de datos e ter que consultar cada unha das aplicacións. Desde o teléfono móbil ou desde o computador pódese facer seguimento de calquera animal do rabaño de forma moito máis fácil, e relacionando os datos que me achegan os distintos dispositivos que teño instalados en granxa”, destaca a representante de UNIFORM-Agri.

Ademais, lembra que “a aplicación móbil de UNIFORM funciona con e sen conexión a internet polo que permite acceder aos datos do rabaño desde calquera lugar e pode ser utilizada de forma simultánea por varios usuarios”.

“En definitiva, con esta integración entre Uniform Agri e SENSEHUBTM simplificamos moito o traballo ao gandeiro e permitímoslle aforrar tempo”, conclúe.

Como funciona SENSEHUBTM?

Pola súa banda, Juan José Nuñez e Alberto Fernández, veterinarios representantes de Allflex Livestock Intelligence España, explicaron as vantaxes que achega SENSEHUBTM para o gandeiro, xa que permite monitorear cada animal e coñecer datos de reprodución, detectar con antelación problemas de saúde, seguir o comportamento de nutrición, detectar situacións de estrés por calor ou coñecer as rutinas de grupo.

uniform allflex 3

O programa SENSEHUBTM ten distintos plans de aplicación que comeza co Young Sotck para seguir o estado de saúde dos tenreiros até os 6 meses de vida; o Starter, que monitorea a reprodución (detecta animais en celo; vacas en anestro, celos irregulares, sospeita de aborto e posibilidade de preñez); Advanced, que incorpora ao anterior datos de saúde (animais para revisar, detección de enfermidades, situacións de distress e seguimento das vacas en posparto), e a versión Premium, que engade información sobre rutinas de grupo (detección de estrés por calor, información sobre a consistencia da rumia e de rutinas de grupo).

Allflex, como empresa líder no sector, está continuamente investigado para manterse na punta de lanza da innovación. Neste sentido, está a traballar en novos algortimos para a crianza colectiva de tenreiros (en nodrizas) e para tenreiros de cabadoiro.

Datos de contacto para máis información: 

Se queres máis información sobre os produtos, podes contactarn por e-mail ou teléfono:

Programa de xestión UNIFORM-Repro:

-Almudena Molinero: almudena@uniform-agri.com ou chamando ao 695 45 67 35

Sistema de actividade SENSEHUBTM de Allflex:

-Juanjo Núñez (Allflex España): juanjose.nunez@scrdairy.com ou chamando ao 674 46 26 04

-Franciso López-Belmonte (AZASA): azasa@azasa.es ou chamando ao 609 13 48 98

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *