Un obradoiro de extracción de mel abre o programa da Feira do Mel do Valadouro

A cita, que se estenderá até o domingo, inclúe charlas técnicas sobre a varroa e a velutina, un obradoiro de elaboración de velas e unha saída micolóxica para recoller cogomelos

Daniel García, Eduardo Chao e apicultores do Valadouro

Daniel García, Eduardo Chao e apicultores do Valadouro

O Valadouro inaugura este mércores o programa da 36 edición da Feira do Mel, que se extenderá ata o domingo, e que conta un ano máis coa colaboracion da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Un obradoiro de extracción de mel na Casa da  Cultura, a cargo da Asociación Galega de Apicultura (AGA), dará inicio a unha ampla axenda de actividades formativas e lúdicas ao redor da cultura do mel, que terá como día grande o sábado 14 de outubro coa feira, con postos de produtores de mel locais e doutros puntos de Galicia, e tamén doutros produtos de outono.

O deputado de Medio Rural, Daniel García, achegouse este martes ao Valadouro para seguir os últimos preparativos da feira e, acompañado polo tenente alcalde, Eduardo Chao, e interesouse pola actividade de apicultores e apicultoras do concello.

O responsable provincial valorou “a importancia da feira do mel para poñer en valor o produto e dinamizar o concello” e destacou  “a calidade do mel do Valadouro, con producións premiadas en prestixiosos certames que son embaixadoras do concello”. Remarcaron tamén “a relevancia da actividade vinculada ao mel, como actividade económica e de conservación do territorio e da paisaxe”.

A feira inclúe por primeira vez unha xornada micolóxica, que se desenvolverá o domingo e que porá en valor outro dos produtos estrela do outono.

PROGRAMA COMPLETO DA FEIRA DO MEL DO VALADOURO:

Mércores, 11 de outubro
10.00 horas. Obradoiro de extracción de mel para nenos de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación de Mondoñedo da Asociación Galega de Apicultura.

Venres, 13 de outubro
18.00 horas. Abellas!, espectáculo de narración oral con Avelino González, dentro do programa Ler Conta Moito coordinado pola Biblioteca Municipal do Valadouro, na Casa da Cultura.

20:00 horas. Conferencia sobre a varroa e outras enfermidades das abellas impartida pola veterinaria da Casa do Mel de Goente, pertencente ao Concello das Pontes.

Sábado, 14 de outubro
10.00 horas. Apertura da Feira do Mel e produtos de outono na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira.

11:00 horas. Obradoiro de Velas a cargo de Devalo, especialmente dirixido a nenos e nenas, con prazas limitadas para un correcto funcionamento e aproveitamento do obradoiro.

12.00 horas. Pasarrúas co grupo Carricantos.

13.00 horas. Degustación de cócteles a cargo dun alumno da Escola de Hostalaría de Foz.

18.00 horas. Obradoiro para adultos e nenos/as sobre trampas de velutinas dirixido por José María Vázquez, xerente da empresa SERPA.

20.00 horas. Actuación de Jinetes del Trópico.

Domingo, 15 de outubro
9.30 horas. Xornada Micolóxica: Saída da Praza de Santa María de Ferreira nun bus gratuíto para unha actividade de recoñecemento e recollida de exemplares de cogomelos asesorados por Jesús Blanco, experto micólogo e membro da Asociación Os Bolouros.

13.30 Sesión vermú con Brétema Band.

14.30 Degustación dunha paella xigante a base de cogomelos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información