A cooperativa Erica Mel participará na segunda xornada “Máis que Mel”, organizada polo colectivo Máisquemel, para o vindeiro 2 de xullo. Nesta ocasión a cita será no Enredo do Abelleiro en Arzúa e terá como actividade principal a celebración do 1º Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas, un novo colectivo promovido por Máisquemel, que pretende visibilizar a presenza das mulleres na apicultura e noutros sectores relacionados co mundo das abellas.
Na xornada haberá outras actividades, como venda de material apícola da empresa Lyson, con descontos de ata o 20% para socios e socias, o Enredo do Abelleiro abrirá as súas portas ó público asistente e os nenos e nenas poderán facer interesantes actividades sobre as abellas.
Programa:
Ás 11 h. 1º Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas (inscrición previa)
Ás 13 h. Presentacións:
Apiturismo con Máisquemel:
Ruta das Alvarizas de Vimianzo – Setembro 2022
Viaxe a París – Apicultura urbana – Outubro 2022
Viaxe a Polonia – Lyson – 2023
Novos produtos e servizos apícolas
De 10 a 14 h.:
Portas abertas no Museo O Enredo do Abelleiro, con actividades para nenos e nenas
Venda de material e produtos apícolas:
Lyson. Material apícola con descontos de ata o 20% (para socios e socias de Erica e Club Máisquemel). Recoméndase facer o encargo con antelación: www.apitienda.es, info@apitienda.es e tel. 640 527 836/ 949 873 359
Erica Mel. Promoción de produtos da cooperativa
Enredo do Abelleiro. Produtos apícolas, cosmética e apiterapia
Ás 14 h. Xantar de campo (traer a comida) e animación musical coas “Abelleiras de Barilongo”
Todas as actividades serán de balde e abertas a todo o público. As persoas interesadas en recibir información das actividades de Máisquemel e beneficiarse de todas as ventaxas de formar parte deste colectivo, poden aproveitar esta xornada para inscribirse no Club Máisquemel.
Informacion e inscricións:
www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal / 981 589 534