Poxa de xovencas de Acruga en Becerreá o próximo martes

Poxa de xovencas de Acruga en Becerreá o próximo martes

Última poxa de Acruga en Becerreá, no 2019. / Arquivo.

Logo de tres anos desde a última poxa en Becerreá, a Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) retoma o próximo martes 19 as poxas no mercado gandeiro da localidade lucense. A poxa ía celebrarse hai un mes, pero tivo que aprazarse debido ós problemas para o traslado dos animais a consecuencia do paro do trasnporte.

Acruga levará a Becerreá cinco xovencas preñadas, procedentes da granxa de recría Gayoso Castro, ligada á Deputación de Lugo. A poxa comezará ás 12 h. da mañá e desde unha hora antes poderase facer a retirada de tarxetas para participar. As xovencas, que están preñadas de entre 3 e 5 meses, parten cun prezo de saída de 1.950 euros.

A asociación espera un bo resultado da poxa, pois trátase dunha cita á que normalmente acuden granxas de toda a montaña lucense, do resto da provincia e mesmo de Ourense e A Coruña. Desde Acruga lembran que Caixa Rural Galega colaborará cunha axuda á compra de 200 euros a cada un dos exemplares en subasta.

Trala cita de Becerreá, a seguinte da tempada será a da Fonsagrada, que terá lugar o 23 de abril.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información