Os pastos da gandaría de vacún de carne compensan un 60 % das súas emisións

En España, o gando de carne emite un 66 % menos de gases de efecto invernadoiro e consome un 65 % menos de auga que a media mundial, segundo unha investigación científica que vén de difundir Provacuno

Os pastos da gandaría de vacún de carne compensan un 60 % das súas emisións

Científicos españois publican o informe “Avaliación do impacto ambiental das cadeas de produción de carne de vacún que integran sistemas de pastoreo e sen terra”. Este estudo, publicado na revista Animal, arroxa luz sobre o impacto ambiental da gandaría de vacún de carne en España.

A investigación, liderada por científicos da Universidade Politécnica de Valencia como Fernando Estellés, destaca a necesidade da súa realización, “xa que ata agora non se coñecía o verdadeiro impacto da gandería de vacún de carne no noso país”. Raisa Tinitana, outra das científicas do estudo, subliña que este estudo “permitirá sentar as bases para avaliar se os gandeiros en España están a avanzar cara ao obxectivo de neutralidade climática proposto pola Comisión Europea para 2050”.

Un dos achados máis destacados do informe revela que a pegada de carbono do vacún de carne en España por quilo de carne producida é un 66 % menor que a media do planeta, se se contrasta cos datos da FAO. Manuel Laínez, científico do estudo, subliña que isto se debe á eficiencia e sostibilidade do sistema de produción utilizado na gandería de vacún de carne en España, con moito pasto. De feito, os pastos compensan un 60% do total de emisións do vacún de carne, segundo o estudo. Este é un dato que ata agora non se tiña en conta para calcular as emisións de gases de efecto invernadoiro da gandería.

Os científicos constataron outros puntos relevantes como que a pegada hídrica do vacún de carne no noso país é un terzo se se compara coa media mundial.

As principais conclusións do informe son as seguintes:

Captura de carbono non contabilizada: A metodoloxía que se utiliza actualmente para a medición da pegada de carbono non considera a captura de carbono realizada polos pastos onde está as vacas. Así, calcúlase que o secuestro de carbono pode chegar a compensar o 60 % das emisións dos animais en pastoreo. Tampouco se contempla outro aspecto positivo como o fomento da biodiversidade da gandería de vacún de carne no seu impacto ambiental.

Competencia coa alimentación humana: O 92 % da alimentación que consome a gandaría de vacún de carne en España non compite coa alimentación humana e o 8 % restante principalmente cereais como a cebada ou o millo non exerce presión sobre o aumento do prezo dos alimentos.

Eficiencia gandeira: Os sistemas de produción de carne de vacún en España demostra altos niveis de eficiencia no seu sistema de produción, optimizando o uso dos recursos dispoñibles.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Impacto da eliminación de vacas no planeta: A eliminación de vacas podería dar lugar a que outros herbívoros salvaxes ocupasen o seu espazo, emitindo gases de efecto invernadoiro de maneira similar aos rumiantes actuais, pero sen contribuír á alimentación do planeta.

Compromiso climático: O sector gandeiro en España está comprometido coa redución de emisións de carbono. Mostra diso foi o lanzamento da “Estratexia Vacún de Carne Carbono Neutral 2050” e unhas guías de boas prácticas ambientais antes de que a Comisión Europea lanzase a estratexia “Green Deal” e “Farm to fork”, con medidas concretas para avanzar nesa procura da neutralidade climática en 2050 reflectidos nos códigos de boas prácticas ambientais na gandería, industria e punto de venda.

Colaboración científico-gandeira: A colaboración entre a comunidade científica e o sector gandeiro é unha realidade esencial para alcanzar os obxectivos climáticos.

O informe elaborado por Raisa Tinitana-Bayas, Neus Sanjuán, Elena Sanchís Jiménez, Manuel Laínez e Fernando Estellés marca un fito moi importante para poder coñecer o verdadeiro impacto ambiental da gandaría de vacún de carne en España, onde a eficiencia e a sustentabilidade son selos de identidade da gandaría de vacún de carne en España.

Así, nas conclusións do informe recóllese que “para mitigar o impacto ambiental dos sistemas de produción de carne de vacún avaliados, recoméndanse accións dirixidas á xestión dos pensos e as materias primas, o funcionamento do rumen, a xenética, a reprodución e a xestión do estiércol. Ademais, o aumento da eficiencia da produción animal identifícase como un factor crucial para reducir o impacto ambiental. Futuros estudos deberían ter en conta os posibles beneficios ambientais do pastoreo de animais, como a retención de carbono no chan e o fomento da biodiversidade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información