A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“O gasóleo agrícola de Repsol rende máis e coida da maquinaria”

Entrevista a Domingo Fernández, xerente de CODISOIL na provincia de Ourense

“O gasóleo agrícola de Repsol rende máis e coida da maquinaria”

Domingo Fernández, xerente de CODISOIL na provincia de Ourense

Codisoil leva máis de 25 anos fornecendo gasóleo a domicilio, tanto de calefacción como de automoción, industria e agricultura, cunha forte implantación nas comunidades de Galicia e de Castela e León.

Falamos con Domingo Fernández, xerente de CODISOIL na provincia de Ourense, que nos explica as vantaxes que ofrece esta empresa para gandeiros e agricultores.

Que importancia ten o sector agrogandeiro dentro de CODISOIL?
Para nós o sector agrogandeiro é moi importante xa que son consumidores habituais de gasóleo ao contar con maquinaria que utiliza o noso produto e que non se pasou a outro tipo de enerxía. Así, tentamos achegar un valor diferencial ofrecendo un servizo de reposición adaptada a cada cliente e o mellor produto do mercado: Repsol AgroDiesel e+10, que está recomendado polos principais fabricantes de maquinaria agrícola como John Deere, New Holland e Kubota.

Cales son as principais vantaxes que ofrece CODISOIL a agricultores e gandeiros, e tamén para o sector forestal?
A principal vantaxe que ofrecemos sempre é a calidade de produto, xa que isto fai que os clientes traballen sen preocupacións ante avarías derivadas do gasóleo. Doutra banda, a rapidez de subministración coa que contamos (subministracións no mesmo día do pedido para urxencias ou ao día seguinte) fai que se un cliente queda sen gasóleo e non se deu conta con antelación poida dispor del rapidamente e non ter que parar de traballar. Por último, contamos con sedes en toda Galicia, polo que podemos fornecer ao mesmo cliente en calquera provincia.

No caso das empresas de servizos agrarios e forestais, así como para as CUMAS, contades con algunha oferta específica?
Realizamos ofertas personalizadas para cada cliente segundo o consumo que vaia realizar. Ademais, personalizamos o subministro segundo as necesidades dos clientes (por exemplo, podemos encher en depósitos ou nas propias máquinas, para facilitar o labor das mesmas). Por último, temos depósitos dispoñibles para os nosos clientes, no caso de que os necesiten.

Unha pregunta ineludible para os profesionais do sector é o prezo dos carburantes. Cal foi a evolución neste primeiro semestre do ano e como se presenta nas próximas semanas?
Os prezos dos carburantes debido á redución da demanda xeral por culpa do Covid-19 baixaron durante 2020, colocándose en marzo-abril en valores bastante baixos. Agora mesmo, están a empezar a subir, pero aínda non o fixeron demasiado e teñen prezos máis económicos que os habituais dos últimos anos.

 “O gasóleo agrícola de Repsol rende máis e coida da maquinaria”

Son todos os gasóleos agrícolas iguais? Cales son as principais diferenzas e como repercuten no rendemento e duración da maquinaria?
Non todos os gasóleos agrícolas son iguais. Existen no mercado gasóleos de diferentes marcas (con diferentes aditivos) e gasóleos sen marca (sen aditivar). Os aditivos do gasóleo agrícola de Repsol melloran o rendemento do produto (facendo que se consuma menos), protexen á maquinaria ante avarías e evitan a mestura con auga que poidan ter ou xerar os depósitos por condensación. Así, renden máis que outros gasóleos e coidan da maquinaria, polo que compensa confiar en Repsol e o seu produto.

Que recomendacións dades desde CODISOIL para conservar o gasóleo nas explotacións agrogandeiras e forestais? Cales son os principais erros que detectades nese sentido?
Para a conservación do gasóleo é importante que os depósitos estean en bo estado, sobre unha superficie plana e mellor en interior que ao aire libre para evitar que chova sobre os equipos de subministración ou sobre a tapa do depósito e que poida entrar auga ao mesmo. Máis aló disto, o gasóleo de Repsol vén preparado para estar un tempo parado sen problema, polo que non habería que estar pendente para consumir todo o produto na mesma tempada.

 “O gasóleo de Repsol vén preparado para estar un tempo parado sen problema”

En canto ao Adblue, que destacarías do produto que ofrece CODISOIL?
Ofrecemos tamén no adblue o considerado mellor produto do mercado, neste caso, adblue Fertiberia. Grazas a el garántese cumprir sempre cos estándares de calidade evitando avarías graves nos vehículos, como ocorre con produtos con menos dun 32,5% de urea. Ademais, contamos cunha frota exclusiva e moderna para as subministracións, con contadores calibrados para garantir a cantidade exacta e un servizo en 48 horas.

Que cambios prevedes que se produzan nos próximos anos na subministración do gasóleo agrícola en canto a loxística de subministración, normativa, calidade do combustible…etc?
Nos próximos anos é probable que lexislativamente prohiban combustible con altas emisións, cuestión na que Repsol sempre vai por diante e conta co produto menos contaminante do mercado. Doutra banda, cada vez esixirase aos distribuidores e aos clientes o cumprimento de máis requisitos legais, como comunicacións case instantáneas a Facenda das subministracións e temas similares, cuestión que en Codisoil xa cumprimos na actualidade. Ademais disto, polo momento, non parece que poidan existir máis cambios importantes nas subministracións.

 “Nos vindeiros anos é probable que lexislativamente prohiban combustible con altas emisións”

Neste sentido, Algún proxecto de futuro no que esteades a traballar en CODISOIL e que nos poidades adiantar?
Estamos a mellorar as nosas páxinas web para poder atender moito mellor aos clientes e que poidan realizar compras online, consultar moita máis información sobre os produtos e a empresa en todo momento e contactar connosco en calquera momento.

Como vos está afectando a crise provocada polo Covid19 e como está a afectar á subministración?
A crise do Covid-19 non nos afectou demasiado, xa que ao ser un servizo esencial non paramos. Estivemos e estamos a traballar igual que antes da crise, só que con moitas medidas de prevención para coidar dos nosos traballadores e clientes. En canto á subministración, simplemente limitamos o contacto físico cos clientes e eliminado as firmas de albaráns por exemplo, para protexernos entre todos e evitar os contaxios.

Algo máis que queirades engadir?
Gustaríanos dar a coñecer no sector da agricultura, gandaría e forestal que ademais da subministración de gasóleo e adblue poden contar connosco tamén para realizar limpezas e probas a depósitos, limpezas industriais con auga a presión, desatascos e xestión de residuos líquidos, xa que contamos con outro departamento na empresa especializado nestes temas.

Una idea sobre ““O gasóleo agrícola de Repsol rende máis e coida da maquinaria”

  1. Marcos Touza

    1 gran empresa 1 gasoil con 1 calidad moi alta e 1 gran xerente a todos os niveis.Levo moitos anos usandoo e penso continuar………

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *