A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O 16 de febreiro coñece desde dentro Lodos e Pérez, unha granxa láctea referencia en Galicia

Lely organiza unha xornada de portas abertas para todo o público que desexe ver unha das mellores explotacións de Galicia que funciona con tres Astronauts A5

O 16 de febreiro coñece desde dentro Lodos e Pérez, unha granxa láctea referencia en Galicia

DCIM100MEDIADJI_0080.JPG
O vindeiro xoves 16 de febreiro a gandaría Lodos e Pérez abrirá as súas portas para quen desexe coñecela grazas a unha iniciativa de Lely. Será un día festivo onde coñecer a granxa, observar como traballan os gandeiros, e ver unha das mellores explotacións en canto a media de quilos por vaca e día.

Lodos e Pérez, situada no concello de Pastoriza (Lugo), suma un rendemento de máis de 47 quilos de media de leite por vaca e día, o que rolda o tres millóns de quilos anuais producidos polo seu tres Lely Astronaut A5. As súas vacas, a súa produción, os seus robots, a súa edificación e o bo facer no traballo diario son a engrenaxe perfecta para ser considerada unha das mellores granxas do vello continente.

A xornada de portas abertas comezará ás 10 da mañá e rematará sobre as 6 da tarde, tempo máis que suficiente para ver o traballo dos gandeiros, poder falar con eles e ver o manexo dunha granxa que leva máis de tres anos funcionando cos robots de muxido Lely Astronaut.

LELY GANDERIA LODOS PESEBRE VACAS ESTABLO 1Esta explotación láctea familiar ten á cabeza a dous irmáns, Alfonso e Juan Lodos. En decembro de 2019 comezaron a muxir con dous Lely Astronaut A5 pero agora “xa temos tres”, comenta Alfonso. Para este gandeiro as vantaxes son “o número de muxidos que fan as vacas” e tamén “o aumento de produción”, necesario, como di, “para paliar todo o investimento”.

O cambio para as vacas desta granxa foi moi grande, xa que “foron moitas as melloras, o cambio das instalacións e as comodidades que teñen aquí as vacas”. Iso para Alfonso Lodos “fai que todo repercuta na produción”. A pesar de que a súa media de produción sempre foi bastante boa, cos robots Lely agora é “extraordinaria, chegando a superar os 50 quilos por vaca e día en certos momentos do ano”, como di o gandeiro.

Para Alfonso, o segredo está “na estabilidade”. “Unha boa alimentación, o muxido, a base xenética…. é un cúmulo de cousas”, asegura. “Pero as cousas non saen se non hai tamén un bo traballo detrás”, subliña este gandeiro.

LELY GANDERIA LODOS LUZ VENTILACION VACAS ESTABLO 1Despois de máis de tres anos de traballo cos Astronaut, Alfonso está “moi contento con Lely e co servizo que proporciona”. “A día de hoxe non me exporía outra opción que non fose a que teño”, matiza.

A maiores dos robots, contan tamén cun arrimador de comida Lely Juno, “indispensable para que as vacas sempre teñan a ración ao alcance”, puntualiza Alfonso.

Para Juan Lodos, que leva toda a parte de veterinaria dentro da explotación, os bos datos teñen que ver “co bo traballo de todos os días” e con facer as cousas con “puntualidade”, ademais de “non ter ningunha vaca improductiva na explotación”.

Juan tamén comenta que a recría 2é fundamental, porque grazas a iso conseguirás unha vida produtiva maior de cada vaca”, que é “o que queremos en Lodos e Pérez”.

O traballo cambioulles moito desde que pasaron de sala a robot, pero “máis sen dúbida a organización”, como di Juan Lodos, xa que “agora temos un horario cunha certa flexibilidade”. A maiores, no muxido, este sistema robotizado “ten moitas vantaxes”. Así, en canto ao muxido, Juan non ve “ningunha anomalía”. “Nós na granxa -engade- non temos ningún problema nas vacas relacionado cun mal muxido”, o que fala ben dos Lely A5.

LELY GANDERIA LODOS ROBOT MUXIDOAgora mesmo Juan comenta que “non temos os robots sobrecargados”. En concreto, andan nunha media de 160-165 animais en muxidura ao longo do ano, e con 55 vacas por robot. “Todo vai perfecto, pero tamén temos que ter en conta que temos vacas de moita produción, o que lles fai ocupar máis tempo a máquina”, afirma Juan.

Ademais, en Lodos e Pérez tamén cambiou todo o relacionado coa reprodución. “Temos un período de espera voluntario máis longo, non inducimos celos”, comenta Juan. O único que fan é “resincronizar as vacas que están baleiras”, pero gozan dunha boa fertilidade.

Nas vacas contan con colares de celo, rumia, inxesta e tensión por calor a nivel de rabaño que “dannos unha información continua e simplificada extraordinaria”, di Juan Lodos, que engade que estes datos dos colares fan que “detectes moito máis rápido un problema”. “Grazas a estes dispositivos agora temos moito máis control de todo, non temos a necesidade de explorar vacas ou pasar tempo mirando para elas porque os datos dos colares son sempre fiables e fan que tamén mellores en moitos aspectos máis”, finaliza Juan.

LELY GANDERIA LODOS ROBOT JUNO ARRIMADOR

Una idea sobre “O 16 de febreiro coñece desde dentro Lodos e Pérez, unha granxa láctea referencia en Galicia

  1. Saladina Veiga

    Gustaríame facer unha pequena matización
    A cabeza desta granxa Sat Lodos e Pérez non so están estos dous irmáns senon que se compón de outro membro, María del Mar Coroas López,

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *