A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Hipra cede parte das súas instalacións e equipos para loitar contra o coronavirus

A farmacéutica veterinaria pon os seus novos laboratorios a disposición dos hospitais para o análise de mostras e a fabricación de respiradores con impresoras 3D

Hipra cede parte das súas instalacións e equipos para loitar contra o coronavirus

Instalacións da multinacional Hipra en Gerona.

A multinacional de Saúde Animal Hipra, con sede en Amer (Gerona), chegou estes días a un acordo coas autoridades sanitarias polo que permitirá ós principais hospitais da provincia de Gerona facer uso das súas novas instalacións e equipos na loita contra a pandemia do coronavirus. A firma pon cede a utilización das súas dependencias, con preto de 700 metros cadrados de laboratorios, provistos da última tecnoloxía en diagnóstico por PCR, para facilitar a obtención de resultados dos tests de coronavirus.

Trátase dunhas instalacións que a compañía acaba de construír na súa sede, central dentro do plan de expansión de negocio que estaba a piques de inaugurar. “Como empresa de sanidade animal, para nós é un deber e un acto de responsabilidade facer uso de tódolos medios que teñamos para axudar a preservar a saúde pública en momentos tan excepcionais, de aí a necesidade de colaborar cedendo os nosos centros de diagnóstico”, indica a compañía.

As mostras chegarán dende diversos hospitais da zona e serán tratadas de acordo cos protocolos internacionais e estritas medidas de bioseguridade e biocontención. O persoal dos hospitais, así como diversas startups biotecnolóxicas locais que forman parte do acordo desprazaranse ás instalacións de Hipra e encargaranse de todo o proceso de análise, mentres que os técnicos da compañía darán soporte cos seus coñecementos e experiencia en biotecnoloxía.

“Este tipo de diagnóstico en tempo real permite analizar centos de mostras en poucas horas, coa axuda adicional da automatización do proceso” explican dende a compañía.

Estiman que a colaboración dure unhas 2 ou 3 semanas e manterase vixente por parte da compañía mentres que as autoridades sanitarias o precisen ante a actual situación de emerxencia.

Hipra tamén está fabricando pezas mediante a impresión 3D para a confección de respiradores, que subministrarán ós hospitais da zona. Este proxecto estano coordinando a través de entidades como HP, Leitat Managing Technologies e outros organismos públicos.

Fabricación de vacinas animais

Ó mesmo tempo, a compañía continúa producindo e distribuíndo tanto os seus medicamentos como as vacinas para animais. “Para nós é un deber manter os niveis habituais de produción, xa que contribuímos de forma esencial á cadea de subministro de alimentos e á saúde da poboación con produtos considerados de primeira necesidade”, reivindican dende Hipra.

De igual xeito, a firma implantou unha serie de medidas para preservar a saúde dos seus empregados e de tódalas persoas do seu entorno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información