A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Cabezais procesadores Log Max: Simplicidade, fiabilidade e durabilidade made in Suecia

Log Max Iberia, empresa española do sector da maquinaria forestal con sedes en Foz (Lugo) e Huelva, ofrece unha ampla gama de máquinas forestais de marcas de recoñecido prestixio internacional que abarca desde equipos básicos para a tala e saca de madeira, solucións para trituración e astillado para biomasa forestal ou outros aproveitamentos, e maquinaria para a adecuación de terreos e equipos de plantación.

Profesionais con máis de 20 anos de experiencia no sector da maquinaria forestal avalan un servizo técnico personalizado e de calidade, tanto telefónico como presencial, nas súas instalacións ou no emprazamento da máquina, garantindo a redución ao mínimo dos tempos de parada para que a máquina se atope sempre a punto e preparada para o esixente traballo no monte.

Conta cun amplo e continuo stock de repostos e accesorios e un servizo de entrega directo desde fábrica para dar unha rápida resposta, e dispón dunha ampla rede de distribuidores e talleres colaboradores que alcanzan calquera punto da Península Ibérica.

Log Max Iberia distribúe e comercializa a marca de orixe sueca Log Max, que conta con máis de 40 anos de experiencia no mercado deseñando e fabricando cabezais forestais procesadores, amplamente coñecidos e apreciados pola súa simplicidade, durabilidade, fiabilidade, precisión e exactitude no sistema de corte.

Log Max dispón unha extensa gama de até 12 cabezais, que realizan desde labores de entresaca e clareo a colleitas de tamaños medios e madeiras de gran diámetro, podendo ser ensamblados en distintos tipos e tamaños de máquinas base (procesadoras de rodas, escavadoras, tractores agrícolas … desde 7 a 40 t)

Versatilidade e produtividade:

Os cabezais procesadores colleitan especies arbóreas tan diferentes como frondosas ou coníferas. Poden usarse tanto en labores de descortezado de árbores como en procesado de especies que precisen a minimización de danos na cortiza.

A súa precisión e exactitude no corte, fan dos cabezais de Log Max a ferramenta máis fiable para aqueles traballos nos que a medida é un factor prioritario.

Sistema de control avanzado exclusivo de Log Max

Todos estes equipos son gobernados por un sistema de control de deseño propio baixo criterios StandFor 2010 (Estándar internacional de xestión de datos de equipos do sector forestal).

Funcións como o sistema de control de fricción de fuste ou a medida do diámetro en catro puntos son só algún exemplo das posibilidades do Log Mate 510. Conta cun só módulo de cabina e outro no cabezal, actualizacións gratuítas e conexión a internet para dar soporte ao cliente desde o punto de servizo.

Log Max 6000: o que mellor se adapta ao mercado do Norte da Península

A última actualización realizouse sobre o cabezal Log Max 6000: Trátase dun cabezal que combina baixo peso e gran potencia, o máis vendido e o que mellor se adapta ao mercado do Norte da Península: un cabezal versátil cunha ampla gama de aplicacións, que optimizou varias características para simplificar os labores de mantemento e aumentar o seu rendemento:

-Mellora do sistema de medición de lonxitude
Bastidor reforzado para incrementar a súa vida útil
-Aumento do ángulo de inclinación para unha maior mobilidade e comodidade no seu manexo.
-Serra intelixente opcional para un corte rápido e controlado, con tensión manual ou automática

….e outras melloras que fan deste cabezal o máis adecuado para a colleita de piñeiro e eucalipto.

Actualmente está en desenvolvemento a optimización doutros cabezais de menor e maior tamaño, que estarán proximamente no mercado.

Maderas Hijos de Ramón Rubal: “É un cabezal que trata moi ben a madeira que non é descortezada”

Jorge Souto Franco é administrador de Maderas Hijos de Ramón Rubal, en Alfoz (Lugo). Así valora a súa experiencia cos cabezais Log Max:

“En Hijos de Ramón Rubal apostamos por comprar o primeiro cabezal Log Max no ano 2008, porque nos indicaron que era un cabezal idóneo para cortar piñeiro.

A verdade e que as indicacións foron acertadas, cortamos todo o piñeiro que producimos co cabezal Logmax, e non só piñeiro, senón tamén o eucalipto. É un cabezal que trata moi ben a madeira que non é descortezada, parece que foi elaborada a man.

Entre as vantaxes do cabezal destacan: o sistema de medición é perfecto, é un cabezal moi accesible a todolos os seus compoñentes á hora do seu mantemento.

Tamén hai que mencionar as vantaxes de ser cliente Logmax: o servizo técnico é moi rápido e eficiente.

O sistema de coitelas deste cabezal e a gran tracción dos rodetes permite un derrame do tronco que non teñen outros cabezais que hai hoxe en día no mercado.

É un cabezal moi eficiente, non só polas súas características técnicas, senón tamén polas poucas paradas que ten por mor das avarías.

Na actualizade, xa estamos a traballar co cuarto cabezal Logmax e previmos no 2021 adquirir outro”.

 

Máis información sobre os cabezais Log Max: https://www.logmax.es/log-max

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *