Baixadas en Silleda do vacún maior e dos becerros carniceiros, con altibaixos na recría

Baixadas en Silleda do vacún maior e dos becerros carniceiros, con altibaixos na recría

Lonxa de Silleda. / Arquivo.

A Lonxa de Silleda rexistrou esta semana unha baixada xeralizada das cotizacións en vacún maior e nos becerros carniceiros. A pàrte positiva da xornada é que na recría houbo significativos aumentos de prezo nos animais de máis idade (+ 50 días). Na recría de cruces, os machos de máis de 50 días acadaron os 531 euros de media (+52 euros en comparación coa semana pasada), en tanto as femias do mesmo treito de idade gañaron 39 euros, ata chegar ós 397 de media.

Menores foron as alzas nos machos frisóns de máis de 50 días, que se situaron en 131 euros (+7 euros). Na categoría máis numerosa, de animais entre 21 e 50 días, producíronse leves descensos nos prezos medios tanto nos machos frisóns (- 4 euros) como nos cruces (- 12 euros).

En tanto na recría houbo alzas e baixadas, a tendencia á baixa si foi xeneralizada no caso do vacún maior e dos becerros carniceiros. No caso do vacún maior, na categoría con máis animais, a extra, os prezos quedaron situados nunha media de 2.063 euros (-281 euros en relación á media da pasada semana), en tanto en primeira categoría o prezo medio foi de 1.166 euros (-36 euros) e en Vaca e Boi de Galicia, as cotizacións medias situáronse en 2.343 euros (-114 euros).

Nos becerros carniceiros, a situación foi similar. Nos cruces, o prezo medio situouse nos 986 euros (-216 euros) e na Rubia galega nos 1.135 euros (-91 euros).

Cómpre lembrar que os prezos medios son unha referencia para o sector, se ben no cambio de prezos entre unha semana e outra inflúe non só o mercado senón tamén outros factores, como as características particulares dos animais que entran cada semana na Lonxa.

Lonxa vacún

Mesas de prezos
Nas mesas de prezos, a única novidade da xornada situouse nunha baixada de cotizacións no porcino cebado. O resto de valores mantivéronse sen cambios. Pódense consultar neste Pdf todas as cotizacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información