Axudas para a mellora da calidade do leite e a súa certificación externa

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150505/AnuncioG0165-240415-0013_gl.html

Prazo: Ata 04/06/2015

Resumo:

A Consellería de Medio Rural destina 142.700 euros a subvencionar a implantación de guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías adicadas á produción láctea de vacún, ovino e caprino; así como para a certificación externa da posta en marcha de tales guías.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as centrais de compra, as cooperativas e sociedades agrarias de transformación que teñan entre os seus obxectivos a comercialización ou a transformación de leite de vaca, ovella ou cabra, e as agrupacións e as asociacións de produtores de leite que cumpran os requisitos establecidos na orde.

O prazo para presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas será dun mes, a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

As actuacións incluídas nos programas solicitados ao abeiro desta orde de axudas rematarán o 1 de outubro de 2015. As axudas poderán ser concedidas ás actividades emprendidas ou realizadas no prazo establecido nesta convocatoria. As xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse antes do 15 de outubro de 2015.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información