A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Antes traballábamos con cartóns de reprodución, pero co programa Uniform-Agri é todo máis rápido e eficaz”

Falamos con Rubén Noya, da gandería A Chabola Holstein SC, situada en Tordoia (A Coruña) para coñecer a súa experiencia co programa de xestión Uniform-Agri

“Antes traballábamos con cartóns de reprodución, pero co programa Uniform-Agri é todo máis rápido e eficaz”

Vacas da gandería A Chabola Holstein SC, situada en Tordoia (A Coruña).

Rubén Noya atende xunto coa súa muller a gandería familiar A Chabola Holstein SC, situada en Tordoia (A Coruña). Teñen unhas 50 vacas en produción e unha media de 35 litros diarios por animal e manexan unhas producións de 4,2 de graxa e 3,6 de proteína, cun reconto de células somáticas de 120. Coñecemos a súa gandería e a súa experiencia co programa de manexo do gando UNIFORM-Agri.  

-Como foron os inicios da granxa? Cal é a súa historia?
-Eu non veño do sector da gandería. En 2018 decidín incorporarme e comezar a traballar nunha granxa que se quedou baleira. Apareceu a oportunidade e pareceume unha moi boa opción.

-Cal é a situación actual? Tedes base territorial? Como é o manexo?
-Actualmente traballamos na granxa a miña muller e eu. Levamos 40 hectáreas de alugueiro e dispoñemos dunha nave con vacas en lactación, outra nave con vacas secas e xovencas próximas ao parto e o resto da recría atópase en cama quente ou boxes. En canto ao sistema de muxido, temos unha sala de 2 x 6 en espiña de peixe da marca SAC.

CHABOLA HOLSTEIN SC_

Recría da gandería.

-Que aspecto che parece máis importante en canto á xestión do rabaño? O benestar? A recría? A reprodución?
-A reprodución. Considero que o benestar é moi importante e a produción tamén, pero a produción conséguese cunha boa reprodución.

-Paréceche importante ter un programa de xestión?
-Si, hoxe en día o papel non é unha opción. Antes traballabamos con cartóns de reprodución e agora xa o xestionamos a través do programa. É moito máis rápido e eficaz.

-Que che fixo decidirche por Uniform-Agri?
-Vímolo nunha revista do sector gandeiro. Pareceunos unha boa opción para levar unha mellor xestión e control da granxa. Ademais, con UNIFORM-Agri existe a posibilidade de poder enlazar UNIFORM co programa da sala de muxido.

-Que aspectos destacarías do programa? Que dirías que é o que máis utilizas do programa?
-O que máis utilizo é a lista de control veterinario á hora de realizar a reprodución. Facilita moito o traballo. Ademais, realizo os axustes en base aos datos que me achega o programa e importo datos de control leiteiro. Destacaría tamén a aplicación móbil, moi útil para ter os datos sempre a man.

-Que opinión tes sobre o servizo de asistencia do programa?
-Nunca tiven ningún problema, sempre estiveron presentes, desde a instalación e formación ata as dúbidas e preguntas do día a día.

-Como ves o futuro, en canto á túa granxa e en canto ao sector?
-Considero que non fai falta volume para vivir. Gustaríame manter unha granxa familiar, cun robot e 65 vacas en muxido e poder xestionala sen man de obra externa, xa que a man de obra externa hoxe en día é un aspecto moi complicado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *