Data inicio: 16/12/2015
Data fin: 16/12/2015
Lugar: Vilarello, 8, 15147 Vilarello, La Coruña, España
O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), organiza para este mércores, 16 de setembro, a VII Xornada de Xestión de Vacún de Leite: “Oportunidades e incertidumes no sector lácteo”.
O programa é o seguinte:
10:00 h Estabilización de prezos e xeración de valor engadido. Juan Gómez – Xerente de Clesa
11:00 h Prácticas beneficiosas para o clima e o medio ambiente:
José Manuel García – Enxeñería Ramisquido SL (A Laracha)
Cristobal Touriñán – Gandeiría PASTORA S.C. (Muxía)
12:00 h Descanso.
12:20 h Autonomía e independencia na toma de decisións
Marcos Gandoi – SAT Dorna (Lugo)
13:00 h Experiencia de innovación: Gurgur, un Iogurt artesán.
David Fernández – Gandeiría Chousa Nova SC (Bama – Touro)
13:30 h Mesa redonda
14:15 h Xantar e remate da xornada
A inscrición na xornada pode realizarse no teléfono 981 733 051 ou enviando un correo a inscricions@efagalicia.org. O prezo para socios da Asociación EFA Fonteboa é de 10 € e para non socios de 20 €