A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana subir 3 céntimos os prezos de tódalas canais, tanto da categoría Suprema como de Ternera.
En canto ó gando de abasto que acudiu esta mañá ó Mercado de Amio, producíronse subas no vacún maior por razóns de axuste técnico, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os usuarios do mercado. En concreto, no vacún maior da subclase O4 a suba foi de 30 céntimos e nos da subclase O3 houbo un incremento de 10 céntimos.
Nesta feira contabilizáronse 1.750 reses, o que supón 10 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.380 cabezas de vacún menor (90 menos que na sesión anterior), 183 de vacún mediano (46 máis) e 187 exemplares de vacún grande (54 reses máis).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (22-VI-2022).