A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Subasta e xornada informativa sobre a raza fleckvieh en Lugo

Genetic Austria e Ganados Barreira organizan ponencias e unha sesión de campo no Hotel Torre de Núñez o 23 de outubro

Subasta e xornada informativa sobre a raza fleckvieh en Lugo

Vacas fleckvieh nunha gandaría galega

O próximo día 23 de outubro no Hotel Torre de Núñez (Lugo), Genetic Austria e Ganados Barreira organizan unha xornada informativa sobre as potencialidades da raza fleckvieh. Ao longo de todo o día, os asistentes poderán coñecer de primeira man as experiencias de gandeiros e expertos de todo o mundo. Ademais, ao rematar as charlas, a organización preparou unha visita a campo polo centro de acopio de Ganados Barreira. Alí mesmo farase unha exposición de animais reprodutores da raza austriaca por excelencia e a súa posterior subasta.

Ademais dos dous patrocinadores mencionados, a iniciativa foi impulsada pola Asociación de criadores da raza fleckvieh da Baixa Austria e a Asociación de traballo da raza fleckvieh. En palabras dos organizadores: “Esta xornada pretende mellorar a calidade de vida dos produtores nacionales, facilitándolles as ferramentas para unha gandaría rendible, por medio do uso efectivo de tódalas bondades da raza. Centrarémonos en seguir divulgando o seu dobre propósito: producir leite e carne de xeito efectivo“.

A primeira palestra da xornada virá da man do enxeñeiro agrónomo Karl Zottl, que impartirá a súa formación Potencial e aproveitamento dos beneficios do dobre propósito na raza felckvieh Austria. A el seguiralle Andreas Wurzinger con Unha gandaría que favorece o relevo xeracional. Logo, o enxeñeiro e director de vendas de Genetic Austria, Alexander Manrique, exporá As mellores bases para unha cría sostible e rendible. Despois, o xerente da empresa importadora de fleckvieh para España, Antonio Barreira, os seus Criterios de selección e modo de traballo competitivo. Por último, para acabar as palestras os gandeiros vascos Ernesto Zulueta e Sandra Aras, contarán a súa experiencia traballando con fleckvieh na súa empresa Ganadería Ametsleku.

As inscricións son gratuitas á xornada deberán facerse a través do número de teléfono 699 80 51 81 antes do 15 de outubro.

Achegamos o programa da xornada:

Xornada sobre a raza fleckvieh

Xornada sobre a raza fleckvieh

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *