A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Smartbow®, o sistema de monitorización en vacún leiteiro que facilita a vida do gandeiro

Smartbow®, o sistema de monitorización en vacún leiteiro  que facilita a vida do gandeiro

Saber a localización do gando en cada momento, detectar que vacas están en celo, así como cales presentan signos de enfermidade, e todo iso dunha maneira precoz e practicamente instantánea, non sempre é compatible co día a día dunha granxa, na que as tarefas se multiplican. É por iso polo que desde Zoetis queren estar máis preto do gandeiro de vacún de leite e axudarlle na xestión da súa explotación. E, neste sentido, a compañía lanzou unha nova campaña informativa sobre Smartbow®, esa “axuda extra” que todo gandeiro necesita.

Smartbow® é un sistema de monitorización de vacún leiteiro que, mediante un pendente “intelixente”, permite coñecer en tempo real a súa localización e enviar alertas cando entre en celo ou presente os primeiros signos de enfermidade. En definitiva, Smartbow® axuda ao produtor a tomar mellores decisións cada día, para manexar mellor a prevención, detección e tratamento de cada vaca e obter mellores resultados.

Esta nova campaña informativa, permite simular, mediante unha experiencia interactiva, como sería “Un día con Smartbow” e coñecer de primeira man todas as oportunidades que ofrece este avanzado sistema de monitorización.

Descobre a experiencia con Smartbow® en www.zoetis.es/smartbow/oportunidades.html e www.zoetis.es/smartbow/undiaenlavida.html

Máis información en www.smartbow.com

#JUNTOSIMPARABLES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *