Un dos principais problemas aos que se enfronta o sector agrícola son as fortes restricións no uso de abonos nitrogenados, principalmente en zonas vulnerables á contaminación por nitratos. Tendo en conta que o nitróxeno é un dos nutrientes vitais para o crecemento das plantas, é necesario desenvolver fertilizantes que permitan achegarlle nitróxeno aos cultivos, pero evitando que se perda no chan por lixiviación.
Para responder a este reto, Fertiberia TECH desenvolveu unha tecnoloxía exclusiva denominada C-PRO que se basea na acción dun polímero biodegradable que reviste os grans de abono e protexe todos os nutrientes das perdas por lixiviación, garantindo a súa dispoñibilidade para a absorción polas plantas. Esta tecnoloxía, que incorporan todos os abonos da gama Nergetic Dynamic, consegue que o polímero, cando se humedece, se convirta nun xel que protexe todos os nutrientes do gran, manténdoos só a disposición das plantas durante varias semanas, sen permitir a lixiviación.
As vantaxes desta nova tecnoloxía son evidentes, non só para a protección do medioambiente, senón tamén para a mellor nutrición do cultivo, o que inflúe na produción final. Os abonos da gama Nergetic Dynamic contan cunha tecnoloxía de polímeros biodegradables exclusiva no mercado, que protexe todos os nutrientes e mantén todas as formas do nitróxeno dispoñibles para a planta, cunha maior eficacia de uso do nitróxeno e un aumento de producións garantidos.
Dentro desta gama de abonos de última xeración, hai que destacar Nergetic Dynamic DS+, un fertilizante que contén 24 unidades de nitróxeno, metade nítrico e metade amoniacal, con 14 unidades de xofre e, ademais, enriquecido con calcio e boro.
Con esta combinación de nutrientes, auméntase a eficiencia de uso do nitróxeno polo cultivo, traducíndose en aumentos de produción comprobados en máis dun 22% e, por tanto, nunha maior rendibilidade do cultivo.
En definitiva, Fertiberia TECH pon ao alcance dos agricultores toda a súa capacidade de innovación para poder adaptarse ás novas normativas, ser máis eficientes e sustentables, pero sen renunciar a aumentar a produción e a calidade das colleitas.