Inscrición aberta para un curso de aproveitamento de produtos frutícolas

Publicidade
Publicidade
Inscrición aberta para un curso de aproveitamento de produtos frutícolas
Data inicio: 05/09/2023
Data fin: 14/11/2023
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España

A Fundación Juana de Vega organiza un curso de aproveitamento de produtos frutícolas. O alumnado estudará (28 horas) as operacións de colleita e de conservación da froita de maneira transversal a todas as producións frutícolas. Completarase cun taller de elaboración de mosto e sidra a partir de mazá e outro de conservas e, para finalizar, no mes de decembro, organizase unha xornada de cata dos produtos elaborados.

O custo da inscrición é de 100€, que se deberán aboar unha vez feita a reserva de praza no formulario oficial clicando aquí: https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/curso-de-aproveitamento-e-transformacion-de-produtos-fruticolas

Datas
Do 5 de setembro e o 14 de novembro.
No mes de decembro (data a concretar), terá lugar unha sesión de cata dos produtos elaborados coincidindo coa entrega dos diplomas.

Prezo
100€

Lugar
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a sesión inicial do 5 de setembro, que será na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).

Horario
Clases no CFEA de Guísamo: 16:30 a 20:30h.
Clases na Fundación Juana de Vega: 16:00 a 20:00h

Programa
Consultar aquí

Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *