II Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas o 2 de decembro en Tomiño

O encontro celebrarase o día 2 de decembro para crear unha rede de mulleres co interese común nas abellas.

O colectivo Mulleres Abelleiras Galegas e Máisquemel organizan este segundo encontro o vindeiro sábado 2 de decembro no Mercado de Tomiño, coa finalidade de ir creando unha rede de mulleres que teñan en común o interese polo mundo das abellas e traballar xuntas na defensa das abellas e do medio ambiente. Ademais de servir de referente para mulleres que se adiquen ós diferentes ámbitos relacionados con este tema: apicultura, divulgación, ciencia, produtos…

A xornada desenvolverase no Mercado de Tomiño e incluirá diferentes actividades que xirarán sobre o mundo das abellas e dos seus produtos. Tamén aproveitaremos para debatir sobre o futuro do colectivo, que está en proceso de construcción e por iso precisa das ideas e aportacións de todas as que queiran formar parte del.

Programa:

Ás 10.30 h Benvida e presentación

Ás 11 h. Charla: Efectos da depredación por Vespa velutina na Apis Mellifera. Por Sandra Rojas, apicultora e investigadora da Universidade de Vigo

Ás 12 h. Encontro-café con Belén Fervenza, produtora de horta e flor agroecolóxica e integrante da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego

Ás 13 h. Visita ó Mercado de Tomiño

Ás 14 h. Xantar

Ás 16 h. Debate e ideas sobre o futuro do colectivo.

Ás 17 h. Despedida e peche.

Inscricións:

Enviar un email co nome, apelidos, teléfono e email de contacto a info@maisquemel.gal
Data límite: 29 de novembro

Máis información: www.maisquemel.gal

cartaz-II-Encontro-Mulleres-Abelleiras-2023-725x1024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información