A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL lanza a súa nova web “ICL Growing Solutions” para potenciar a información técnica sobre nutrición de cultivos

A nova web de ICL conta cunha área específica para agricultura con información, consellos e análises técnicos de interese, como ensaios, guías de nutrición de cultivos, eventos e artigos, ademais de incluír o catálogo completo de solucións nutricionais da compañía

ICL lanza a súa nova web “ICL Growing Solutions” para potenciar a información técnica sobre nutrición de cultivos

A web www.icl-growingsolutions.es ten un dobre obxectivo: primeiro, e como é lóxico, presentar todos os produtos da compañía para os seus tres segmentos do mercado (agricultura, horticultura ornamental e áreas verdes); e, en segundo lugar e máis importante, ser unha referencia en contidos técnicos para agricultores e técnicos interesados na fertilización precisa dos cultivos.

Deseñada pensando en que os clientes e profesionais poidan navegar por ela de forma intuitiva e sinxela para coñecer as solucións de ICL, esta web innovadora consiste nun gran contedor de información técnica, que irá crecendo día tras día para axudar a mellorar a eficiencia na nutrición dos cultivos e a mellorar a formación e os coñecementos sobre fertilización precisa. Desde ICL tense claro que a información técnica e a formación continua no bo uso dos fertilizantes son claves para conseguir unha sustentabilidade real dos cultivos agrícolas.

Seccións técnicas para coñecer todos os aspectos nutricionais
Esta vocación de transmisión de coñecementos técnicos ao sector vese nada máis entrar na web, desde onde cun só click tense acceso tanto aos produtos do catálogo de ICL como as solucións propostas pola compañía para os diversos cultivos.

PANTALLAZO 2

Especial interese ten a área denominada “Centro de Coñecemento”, onde podemos atopar ensaios de campo, artigos técnicos, vídeos, noticias, testemuños etc. Outra sección de interese especial é a dedicada aos “Ensaios de campo”, onde se recollen ensaios de cultivos tanto de España como doutros países e rexións con cultivos e climas similares aos da Península.

Estes ensaios complétanse coa “Guía de Cultivos” con información específica e plans de abonado para cada cultivo.

PANTALLAZO 1

Na sección de “Testemuños”, recóllense entrevistas a agricultores e técnicos. A web inclúe tamén unha sección de noticias de actualidade e eventos importantes aos que acudirá ICL, así como información sobre sustentabilidade, calidade e seguridade.

En calquera caso, ao referirnos a unha plataforma dixital nova como “ICL Growing Solutions”, o mellor é entrar na web e navegar por ela para descubrir toda a información e recursos técnicos postos á disposición dos profesionais do sector agrario. Non o dubide e entre a visitar a web: www.icl-growingsolutions.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *