A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

DairySafe: O aditivo de preparto para mellorar a saúde do fígado en vacas leiteiras e reducir a cetose

DairySafe: O aditivo de preparto para mellorar a saúde do fígado en vacas leiteiras e reducir a cetose

DairySafe é un alimento especial que contén un paquete de axentes activos LSP, que evita a tensión hepática das vacas leiteiras a través da súa formulación.

Este produto, fabricado pola empresa alemá JOSERA e distribuído en España a través de ANIMALVIT, está indicado para o preparto, no primeiros tres meses de lactación. Este período é cando o fígado da vaca está sometido a maior tensión pola mobilización de enerxía no seu organismo, polo que existe un maior risco de enfermidades metabólicas, comprometendo o futuro da lactación.

Neste sentido, DairySafe favorece a mobilización de graxa do fígado e o metabolismo graso, e iso fai que aumente a eficiencia metabólica e se estabilice a produción de leite. Con esta mellora da saúde do animal reduce a predisposición a enfermidades e favorece unha maior inxesta, por tanto, conséguense mellores resultados de fertilidade e de produción de leite e unha menor taxa de eliminación.

Por que o fígado é clave na fase de transición da vaca?

O fígado como principal órgano metabólico, está exposto a unha tensión considerable na época ao redor do parto (fase de transición). A diminución da inxesta de alimento antes do parto é seguida por unha gran demanda enerxética posterior a el. Tras o parto, resulta moi difícil, ou mesmo imposible, cubrir íntegramente a demanda enerxética por medio da inxesta de alimento. Como consecuencia, unha vaca de alto rendemento debe, necesariamente, utilizar o seu propio tecido corporal para compensar a inxesta insuficiente de nutrientes.

Porén, en moitos animais a graxa corporal utilizada non se pode metabolizar para obter enerxía, xa que tamén hai un déficit de glicosa, a cal é necesaria para iso. Como resultado disto, a vaca entra en cetose, unha das enfermidades metabólicas máis comúns nas vacas de alta produción, a cal pode causar perdas considerables.

Os prexuízos económicos derivados da cetose débense, entre outras cousas, á redución da inxesta de alimento, maior predisposición a enfermidades en ubres e patas, baixa na fertilidade, redución da produción de leite, e aumento da taxa de eliminación.

Por que DairySafe mellora a saúde do fígado en vacas leiteiras?

DAIRY SAFE 1 DEVELATT

DairySafe contén un paquete innovador de axentes activos, LSP (Liver Safety-Package). Trátase dunha combinación específica de axentes activos ruminoprotexidos, que favorecen a función hepática, permitindo que o exceso de graxa poida ser removida ou metabolizada de mellor xeito polo corpo do animal.

Cando e como usar Dairysafe?

As aplicacións recomendadas son no período de transición, en fases de balance enerxético negativo e durante períodos de risco de cetose.

DairySafe débese fornecer 3 semanas antes do parto, e até 5 semanas despois, a razón de 200 g/vaca/día. Durante o pico de lactación, DairySafe pódese fornecer a razón de 100 a 150 g/vaca/día para favorecer o metabolismo hepático.

Debido á súa cantidade maior de aditivos en comparación cos alimentos completos, este complemento alimenticio só debe administrarse a vacas leiteiras en até un 2 por cento da ración diaria.

DairySafe pódese administrar tamén por convalecencia de cetose.

Como adquirir DairySafe?

Contacto: Pablo Carro
Correo: pablocarro@develatt.com
Teléfono:647 599782
Comprar aquí: DairySafe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *