Curso para aprender a montar pequenas instalacións de rega

Desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo entre os vindeiros días 21 e 25 de setembro

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 21/09/2020
Data fin: 25/09/2020
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España

Experiencia-de-rega-de-vide-en-Galicia-A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza en Bergondo un curso para aprender a montar pequenas instalacións de rega. A acción formativa, que terá lugar entre os vindeiros 21 e 25 de setembro, desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo, en horario de mañá e tarde.

A iniciativa, que terá unha duración total de 20 horas, contará cunha xornada teórica na que se analizarán conceptos básicos como os caudais e as presións, así como os distintos elementos necesarios para as instalacións e o cálculo do tempo de rega. A maiores, os asistentes aprenderán a interpretar planos, as claves da estacaxe e como deben acometer a apertura de gabias para montar os aparellos de rega.

Na parte práctica, que constará de catro xornadas, abordarase como instalar diferentes tipos de redes de rega, como son os goteiros, os microaspersores, a rega enterrada con aspersores e difusores e a rede de rega enterrada con tendido de tubería e regadores.

Este curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020. Para máis información pódese consultar a páxina web do CFEA de Guísamo ou chamar por teléfono ao 881881043. Para poder asistir é necesario remitir cuberto o seguinte formulario de solicitude

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *