Curso de iniciación á apicultura organizado por AGA

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza ao longo deste mes de maio un curso de iniciación á apicultura.

O programa contempla unha parte teórica, que se impartirá online, e unha práctica que será presencial.

En canto aos contidos, trataranse:

Iniciación á apicultura.
Bioloxía da abella.
A reproducción das colmeas e a alimentación.
Produtos das abellas.
Patoloxías das abellas

A clase teórica impartirase o día 14 de maio de 10:00 ás 14:00 horas e as prácticas en diferentes puntos de Galicia con horario de 10:00-14:00/ 16:00- 19:00.

Lugares a elexir das práctica (só un por alumna/o):
Arzúa- 21 de maio
Allariz- 22 de maio
Mondoñedo- 28 de maio
Campo Lameiro (Pontevedra)- 29 de maio

A data límite de inscrición será este venres, 13 de maio, ás 15:00 horas.

En canto ao custo, o curso é de balde para socias e socios de AGA e para os non socios consultar no email  formacion@apiculturagalega.gal ou no teléfono 981508142

Para inscribirse é preciso cubrir este formulario online

AGA curso-iniciacion-apicultura-2022_Mesa-de-trabajo-1-scaled

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información