A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Coluga lanza a súa propia tenda online, especializada en horta e xardín

A cadea galega de agrotendas ofrece en internet para toda España unha selección de máis de 200 produtos a prezos competitivos

Coluga lanza a súa propia tenda online, especializada en horta e xardín

Imaxe da tenda online de Coluga.

Que as consecuencias derivadas da pandemia están a modificar comportamentos de compra en todos os sectores, xa non é ningún segredo. O forte incremento das vendas online augura novos tempos tamén no sector primario e en todo o que lle rodea. Por este motivo, Coluga, empresa galega de referencia no sector agrogandeiro, ofrece a partir de agora unha nova canle de venda para agricultores, gandeiros e afeccionados á horta e xardín. En Coluga.es, o consumidor final pode atopar un catálogo en constante evolución, que se compón na actualidade por máis de 200 produtos seleccionados polos profesionais pola súa calidade e eficacia contrastada.

Fertilizantes, bioestimulantes, enraizantes, cales agrícolas, herbicidas, funxicidas, praguicidas, sementes, desinfectantes, vitaminas para animais ou pensos para mascotas son algunhas das 20 categorías de produtos que conforman este escaparate virtual. Pola súa banda, os agricultores profesionais teñen á súa disposición un apartado exclusivo con produtos fitosanitarios de primeiras marcas para os que se require carné de aplicador.

A nova tenda online facilita o acceso de agricultores e gandeiros a referencias até agora reservadas para a compra física e que hoxe poden adquirir desde calquera lugar de España de maneira inmediata e fiable as 24 horas do día. O procedemento é tan sinxelo como seleccionar os produtos, engadilos ao carriño, pagar a compra cunha tarxeta de crédito ou débito e recibilos comodamente no lugar elixido en a penas 48-72 horas. Todo nunha contorna de compra segura.

Ademais, e como vantaxe engadida, Coluga conta co respaldo de fabricantes relevantes do mercado nacional e internacional, o que lle permite ofrecer produtos agropecuarios novos para que gandeiros, agricultores e apaixonados do horto doméstico poidan obter o que necesitan ao mellor prezo.

Doutra banda, e para quen prefira o contacto directo, Coluga reforzou as medidas de seguridade das súas 7 tendas físicas, distribuídas por Lugo, Ourense e Pontevedra, nas que o cliente atopa todos os produtos agrícolas e gandeiros que necesita cunha excelente relación calidade-prezo, ademais de recibir asesoramento profesional na materia que requira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *