A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Charla online sobre como reducir a transmisión de enfermidades no gando

ELANCO IMAXEA compañía ELANCO organiza para o vindeiro xoves, 25 de xuño, unha charla online sobre control efectivo de moscas en gandarías de vacún; en concreto sobre a importancia do control de moscas para reducir a transmisión de enfermidades e protexer a produtividade e o benestar animal.

A charla virtual é gratuíta, terá lugar de 13:00 a 14:00 horas e correrá a cargo do prestixioso veterinario e especialista en insectos estadounidense Rick Hack. Impartirase en Inglés, pero con tradución simultánea ao Español e Portugués a través de Interprefy. É fácil, poderás seguir a presentación no computador e escoitar a tradución no teu móbil cuns auriculares (instruccións aquí)

Para poder acceder á charla virtual soamente cómpre rexistrarse nesta ligazón

Podes ver un adianto facendo click aquí neste vídeo de 1 minuto: 

Máis información sobre o ponente:

Rick Hack posúe un Máster en Entomoloxía Médica Veterinaria da Universidade de Clemson, USA, e pasou máis de 25 anos no campo axudando a produtores de animais a controlar tanto os insectos nos seus animais, como nos arredores das súas granxas. Traballou para 4 compañías globais de Saúde Animal, incluíndo Pfizer, Bayer e Elanco, en diferentes postos, en I+D, Servizos Técnicos, Vendas e Mercadotecnia. A súa experiencia práctica axudando a manter o benestar e a produtividade dos animais de produción é ampla, e inclúe avicultura, porcino, gando leiteiro e gando de carne.

Código de aprobación: PM-ES-20-0241

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *