Charla en Lugo sobre as liñas de axudas a explotacións agrarias

Publicidade
Data inicio: 06/04/2018
Data fin: 06/04/2018
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

A Consellería do Medio Rural organiza este venres, 6 de abril, unha charla informativa en Lugo sobre as súas liñas de axudas a explotacións agrarias.

En concreto, informarase das seguintes liñas de axudas:

-Incorporación de mozos

-Axudas para modernización de explotacións agrarias

-Axudas para Pequenas Explotacións.

A charla será ás 11:00 da mañá no Salón de Actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo. Será impartida por técnicos das Oficinas Agrarias Comarcais da Área de Lugo e por técnicos do Servizo de Explotacións Agrarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *