A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

BASF adquire a innovadora compañía Horta para reforzar a súa carteira de produtos dixitais para a agricultura

BASF adquire a innovadora compañía Horta para reforzar a súa carteira de produtos dixitais para a agricultura

Con data 30 de maio de 2022 BASF adquire oficialmente Horta S.r.l., unha empresa italiana especializada en solucións dixitais para a agricultura. Fundada en 2008 como spin-off da Universidade Católica del Sacro Cuore, Horta é un referente no desenvolvemento de Sistemas de Apoio á Toma de Decisións (DSS) moi innovadores para os cultivos de viña, tomate, cereais e oliveiral.

Tras a adquisición, que chega despois dunha longa colaboración entre as dúas empresas, e para asegurar a continuidade do negocio, Horta seguirá operando no mercado mantendo a estrutura e o equipo directivo actual, así como a súa marca, moi recoñecida no sector agroalimentario.

O sector agrícola conta cada vez máis con servizos dixitais, que permiten optimizar o emprego dos insumos e lograr así unha agricultura máis sustentable e de precisión. Esta transacción confirma o compromiso da División de Solucións Agrícolas de BASF para expandir a súa carteira investindo en solucións dixitais que dan soporte ao traballo dos agricultores e fan a agricultura máis produtiva e respectuosa co medio ambiente.

“En BASF cremos firmemente que a innovación e a dixitalización son factores chave para alcanzar colleitas obtidas de forma máis sustentable e contribuír aos obxectivos marcados polo Pacto Verde europeo e a estratexia ´Da Granxa á Mesa´, comenta Gustavo Palerosi Carneiro, Vicepresidente Senior, División de Solucións Agrícolas EMEA & CIS. “BASF esfórzase para aproveitar o potencial de crecemento e as oportunidades da dixitalización en beneficio dos nosos clientes. Neste sentido as solucións de Horta son complementarias á nosa carteira para a agricultura dixital e estou moi contento de dar a benvida a todo o equipo de Horta, que trae consigo un extenso saber facer dixital e unha oferta tecnolóxica única”, salienta.

Horta, unha empresa italiana líder en solucións agroalimentarias intelixentes

Horta é unha empresa italiana líder en solucións agroalimentarias intelixentes e un excelente exemplo de transferencia da innovación desde a I+D e as universidades á práctica agrícola.

“Somos unha empresa fortemente innovadora e guiámonos por unha constante e intensa actividade de investigación. Para facer que o noso negocio medrase, tanto en Italia como a nivel global, necesitabamos un partner forte, que compartise connosco a nosa visión e tivese acceso a mercados internacionais”, explica Pierluigi Meriggi, Presidente e Socio Fundador de Horta.

“Xunto a BASF, nos próximos anos imos poder medrar de forma consistente”, engade Franco Anelli, reitor da Universidade Católica, quen tamén destaca que “o interese de BASF en Horta, unha das nosas empresas spin-off, representa un recoñecemento importante da calidade e o potencial innovador das nosas actividades de investigación. Reafirma ademais a idea dos nosos investigadores da Facultade de Ciencias Agrarias, Alimentarias e Ambientais de unir o coñecemento científico cun profundo entendemento das necesidades da cadea de valor agroalimentaria e coas habilidades necesarias para desenvolver propostas de aplicacións operativas. Isto demostra o noso sentido de responsabilidade e coidado cara ao medioambiente que inspira ás actividades da nosa Facultade. Esta colaboración é unha demostración da calidade dos nosos licenciados e doutores (PhD), cuxas competencias e habilidades contribuíron ao desenvolvemento de Horta.”

A innovación e o desenvolvemento son factores clave tanto para a División de Solucións Agrícolas de BASF como Horta e serán esenciais para todos os proxectos de desenvolvemento en Europa e a nivel global. Como explica Alberto Ancora, Vicepresidente da División de Solucións Agrícolas Sub-Rexión Sur: “O foco na innovación e o forte compromiso cara a unha agricultura sustentable sempre foron o selo da nosa colaboración. Hoxe estamos listos para empezar unha nova etapa e intensificar as nosas iniciativas de agricultura dixital para apoiar a introdución das solucións tecnolóxicas de Horta en novos mercados”.

Ambas as empresas acordaron non facer público o prezo da compra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *