Baixa o vacún maior en Amio por segunda semana consecutiva

Baixa o vacún maior en Amio por segunda semana consecutiva

Mercado de Amio. / Arquivo.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto de Amio, que se reúne coincidindo coa celebración do mercado gandeiro, acordou esta semana unha nova baixada en vacún maior, continuando así a tendencia iniciada na anterior sesión. Esta semana decidiuse por unanimidade baixar 5 céntimos os prezos das canais das clasificacións R, O e P. No resto de prezos, tanto en vacún maior, como recría e vacún mediano para sacrificar, non hai cambios. Tampouco houbo cambios na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que repetiu cotizacións para tódalas categorías e calidades.

No mercado, a asistencia de gando foi de 1.836 reses, nove menos que a pasada semana. Houbo 1.501 cabezas de vacún menor (23 máis), 171 de vacún mediano (40 menos) e 159 de vacún grande (9 máis).

Máis información
Táboa de prezos de Amio (4-XI-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información