A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A asistencia a usuarios, unha fortaleza de Uniform-Agri na dixitalización de granxas de leite

O programa de xestión de explotacións caracterízase pola súa actualización continúa e por un servizo que ofrece unha conexión inmediata do usuario co equipo de soporte

A asistencia a usuarios, unha fortaleza de Uniform-Agri na dixitalización de granxas de leite

A tecnoloxía vai chegando cada vez máis ás nosas gandarías e, ademais, avanza cada vez máis rápido. Aos poucos ímonos dando conta do importante que é ter datos para poder tomar decisións máis certeiras e evolucionar cara a unha produción máis sustentable, eficiente e conseguir así un negocio que avance e que non quede estancado no tempo.

Pero non serve calquera tipo de datos, necesitamos datos de calidade. Nin tampouco ter moitos datos, se non sabemos como utilizalos. Ao final, non só necesitamos os datos, senón tamén ferramentas que nos axuden a traballar con eles e a comprender o que estamos a analizar para sacar as nosas propias conclusións e, en base a iso, decidir.

Unha das ferramentas principais para axudarnos a manexar datos é un programa de xestión de explotacións. Actualmente existen moitos, algúns levan décadas no mercado, algúns son máis novos. Os máis recentes poden resultar máis atractivos porque naceron nunha época na que a tecnoloxía o asulaga todo. Doutra banda, os máis veteranos poida que quedáronse obsoletos e leven anos sen realizar cambios nin melloras, co cal, acaban sendo pouco prácticos para utilizar a diario.

Xornada técnica con usuarios de Uniform-Agri.

Xornada técnica con usuarios de Uniform-Agri.

É aquí onde está a clave: un programa de xestión de explotacións debe manterse actualizado. A empresa desarrolladora do devandito programa ten que ser capaz de manterse á vangarda e evolucionar cara a onde lle pide o sector. Sendo habitual que nunha explotación de vacún leiteiro se traballe con varios sistemas (muxido, detección de celos, carro mesturador, etc), ou se conecte cun asesor, ou se intercambie información cun organismo nacional como o control leiteiro, se realmente se quere axudar ao usuario, o programa de xestión principal da gandaría debe ter recursos para axilizar todos estes procesos.

Un bo programa debe ter ferramentas para axilizar tódolos procesos ligados ó muxido, alimentación, detección de celos, datos de control leiteiro ou conexión co asesor, entre outros

E non só iso, é tal a cantidade de información que se xera nunha explotación que moitas veces nos vemos superados e, aínda que temos a certeza de que o programa nos pode axudar, non sabemos nin por onde comezar. Como conseguimos aclarar as nosas ideas e pescudar como conseguir o que queremos do programa? A resposta é fácil, aínda que non sempre sinxela. Fácil: cun bo equipo de soporte e asistencia a usuarios que nos axude. Non sempre sinxela: a realidade de moitos programas de xestión é que, unha vez instalados, quedamos sós e sen apoio.

Por iso, á hora de decidir cal vai ser o programa principal da nosa gandaría, debemos estudar tamén os servizos que nos ofrecen. Podemos ter ofertas moi atractivas, porque son económicas ou porque nolo ofrecen como un plus ou porque son produtos con moito prestixio detrás. Pero logo, no día a día, necesitamos máis, necesitamos poder chamar sen restricións para expor unha dúbida, para buscar un indicador que nos interesa, ou para poder analizar mellor unha gráfica. E necesitamos que alén do teléfono haxa alguén que coñeza non só o programa, senón tamén o sector leiteiro. Así, aos poucos, iremos aprendendo a manexar as ferramentas das que dispomos para tomar decisións e iremos gañando autonomía co noso programa de xestión.

UNIFORM-Agri é unha empresa desarrolladora de programas de xestión para explotacións que se caracteriza por ter un equipo de soporte excepcional. Ligado ao sector, con coñecementos técnicos tanto dos seus produtos como do funcionamento dunha gandaría.

Desde o momento de adquisición do programa, o noso equipo encárgase da instalación e a formación ao usuario. Unha vez finalizado o proceso de iniciación ou posta en marcha, ofrecemos un servizo de atención telefónica inmediata para resolver calquera consulta. Comprometémonos a manter o programa UNIFORM actualizado para darlle continuidade e evitar problemas por obsolescencia. Tamén protexemos os datos dos nosos usuarios e gardámolos para poder reinstalalos no caso de que sexa necesario.

Ademais de todo isto, mantemos aos nosos usuarios ao tanto de todas as novidades e trucos do programa con boletíns periódicos e coas sesións para usuarios anuais, que este ano tiveron lugar no mes de xaneiro, en distintas localizacións e, que foi seguida semanas despois dunha sesión online para aqueles que non puideron asistir.

Máis información
Se queres máis información sobre o programa UNIFORM-Repro e os nosos servizos, podes visitar a nosa web ou contactar directamente connosco no correo [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información