A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Agromaster, abonos que garanten a mellor nutrición de cultivos e reducen o impacto ao medio

A compañía ICL Specialty Fertilizers lanza unha web específica para os seus fertilizantes de liberación controlada Agromaster

Agromaster, abonos que garanten a mellor nutrición de cultivos e reducen o impacto ao medio

A firma ICL Specialty Fertilizers acaba de presentar unha web específica para a súa gama de abonos de liberación controlada Agromaster que, baixo o slogan “Nutrición excelente dos teus cultivos baixo calquera condición”, presenta unha imaxe actualizada e inclúe o lanzamento dun novo catálogo.

A web permite descargar o catálogo, así como obter información da gama Agromaster, acceder a algúns do resultado dos ensaios de campo realizados nos últimos anos, ou coñecer opinións e experiencias de agricultores que usan Agromaster nos seus cultivos. Se na web o usuario non atopa resposta ás súas dúbidas, ou precisa de máis asesoramento técnico-comercial sobre a gama, desde a propia páxina pódese contactar cun asesor técnico ou enviar un formulario a ICL Specialty Fertilizers para que lle contacten de forma inmediata.

Os fertilizantes Agromaster

A gama de abonos Agromaster son fertilizantes de liberación controlada desenvolvidos para superar as circunstancias máis difíciles de abonado. A compañía apunta que calquera que sexa o clima, o cultivo ou a condición do chan, con Agromaster pódese controlar en todo momento a subministración de nutrientes, mellorando a eficacia da fertilización, aumentando a rendibilidade dos cultivos e coidando o medioambiente.

Entre as vantaxes de Agromaster destácanse tres:

– Maior eficiencia no uso de nutrientes: o aproveitamento óptimo dos fertilizantes minerais é esencial para conseguir unha produción agrícola sustentable, polo que ser máis eficiente é a clave do futuro e o obxectivo de calquera estratexia de fertilización.

– Maior rendemento: realizáronse ensaios para analizar a mellora nos rendementos dos cultivos abonados con Agromaster. A modo de exemplo, nun cultivo de melón nun ensaio en Francia, os resultados demostran que con Agromaster o cultivo aumentou de media a súa produción final nun 17%.

– Menor impacto ambiental: a pegada de carbono dun quilo de patacas cultivadas en chan arenoso diminúe até un 11% grazas á aplicación do nitróxeno (N) ureico de Agromaster, en comparación coa práctica habitual do agricultor.

Por todo iso, Agromaster preséntase coma un abono recomendado en todo tipo de cultivos e conta con formulacións adaptadas ás necesidades nutricionais de cada un deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *