Impex Europa, a empresa fabricante líder en venda de raticidas en España e Portugal, acaba de lanzar recentemente ao mercado un novo formato para o seu Ratibrom 2 cereais, un innovador envase microperforado que facilita a manipulación por parte do usuario e potencia a atracción.
“Trátase dun preparado con trigo enteiro limpo descascarillado que facilita a introdución do veleno no seu interior e que ademais supón unha importante vantaxe para o usuario, xa que non se ten que abrir a bolsa e manipular o cebo, basta con colocala nos lugares de posible paso de ratas e ratos”, explican desde a empresa galega.
Ratibrom 2 cereais preséntase en bolsiñas de 25 g listas para usar, en todas as súas presentacións, tanto para uso doméstico como profesional. A bolsiña de plástico microperforada permite que os roedores cheiren o cebo e facilita a conservación do cereal en óptimas condicións de humidade xa que evita a condensación. Este raticida está indicado contra ratos de campo, ratas de sumidoiro, ratas negras, ratas domésticas, ratos, toupas….etc.
A base está composta por trigo seleccionado como principal e potente atraente e Bromadiolona 0,005%, así como repelente para persoas e animais domésticos.
“A gran vantaxe deste principio activo, é a súa excelente efectividade despois de 4/5 días en ratas e ratos, o que favorece que inxiran cantidade suficiente para que sexa letal, sen levantar sospeitas nos roedores”, destacan os técnicos de Impex Europa.
En canto aos formatos, Ratibrom 2 cereais comercialízase nas seguintes presentacións:
Presentacións | Unidades/caixa | Caixa/palet | Uso |
Estoxo de 250 g (en bolsiñas de 25 g) | 24 | 36 | No profesional |
Estoxo de 1 Kg (en bolsiñas de 25 g) | 20 | 28 | Non profesional |
Cubo 6 Kg (en bolsitas de 25 g) a granel | 4 | 12 | Profesional e profesional especializado |
Caixa de 15 kg (en bolsiñas de 25 g) a granel | 1 | 20 | Profesional e profesional especializado |