Xornada sobre o control dixital das explotacións gandeiras

A EFA Fonteboa organiza o xoves 18 de xaneiro unha sesión adicada a aplicacións e sistemas que permiten melloras na xestión das ganderías

Publicidade
Xornada sobre o control dixital das explotacións gandeiras

Presentación da aplicación de Africor Lugo. / Arquivo.

Data inicio: 18/01/2018
Data fin: 18/01/2018
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco.

A Escola Familiar Agraria (EFA) Fonteboa, ubicada en Coristanco (A Coruña), programou para o xoves 18 de xaneiro unha xornada adicada a explicar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para a xestión de explotacións gandeiras. Para a inscrición, pode enviarse un correo electrónico a inscricion@efagalicia.org ou chamar ó teléfono 981-733.051.

O programa da xornada é o seguinte:

10.30 horas – Xestión de parques de maquinaria con sistemas de axuda á decisión (Santiago Sousa, Clun).

11.10 h. – Monitorización e control dixital intelixente das explotacións agropecuarias (Daniel Reboredo, Autofarm).

12 h. – Café.

12.30 h. – App Feiraco, unha ferramenta de xestión de granxas smartphone (Rafael García, Clun).

13.10 h. – Sistema Smartbow: control de reproducción, localización e rumia (Bernabé Grille, Elmega).

14 h. – Mesa redonda e clausura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *