Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210812/AnuncioG0426-300721-0001_gl.html
Prazo: Ata 13/09/2021
Resumo:
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización de actividades do seu interese. Conta cun orzamento total de 600.000 euros, un importe que duplica o da convocatoria anterior, que foi de 285.000 euros.
A finalidade destas achegas é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Serán subvencionables as funcións e actuacións que lles son propias conforme á normativa legal, funcións ordinarias de xestión interna, representación perante as institucións e a participación nos órganos colexiados que foron constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados.
Os interesados disporán dun mes, contado dende o día seguinte da publicación desta orde no DOG, para presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se atopa en https://sede.xunta.gal.
Pódese consultar a orde na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210812/AnuncioG0426-300721-0001_gl.html