A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Campaña solidaria de Ucoga en Santa Comba

Campaña solidaria de Ucoga en Santa Comba

Ucoga fixo unha entrega de 30 cestas de Nadal ó Concello de Santa Comba, para que este faga entregas das mesmas ós fogares que o precisen a través do seu departamento de Servizos Sociais.

“A iniciativa da “Cesta solidaria” ten un cariz especial para Ucoga xa que, a través dun pequeno xesto, podemos achegar o noso granito de area”, explicou Iván Novo, director xeral de Ucoga. “Temos unha ampla presenza nesta zona, estamos moi comprometidos con Santa Comba e queremos ser partícipes do día a día dos nosos veciños”.

Pola súa banda, a concellería de Servizos Sociais posibilitou en todo momento a acción solidaria, poñendo todos os recursos ao alcance para facilitar ao máximo a organización da doazón. Desde Ucoga, envian un especial agradecemento, pola axuda prestada e polo labor que fan cada día.

Ucoga Asesores S.L.

Ucoga é a correduría de seguros líder en Galicia. Especialistas en seguros para o sector agroalimentario e de transportes. Ucoga nace en xaneiro de 2013 para consolidarse como un referente no sector de seguros en Galicia, como consecuencia da inquietude de diferentes Cooperativas agroalimentarias por cubrir as súas necesidades aseguradoras cun servizo personalizado de calidade, profesional e a prezos competitivos. Na actualidade conta con 6 puntos de atención ao público, e continúa co seu crecemento seguindo o seu plan de expansión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *