Xornada de saberes tradicionais organizada polo Sindicato Labrego

Publicidade
Xornada de saberes tradicionais organizada polo Sindicato Labrego
Data inicio: 01/02/2018
Data fin: 01/02/2018
Lugar: Pantiñobre, Arzúa

O local social de Pantiñobre (Arzúa) acollerá este xoves 1 de febreiro unha xornada de saberes tradicionais dirixida ás mulleres. Coa actividade, organizada polo Sindicato Labrego (SLG), procúrase un intercambio en coñecementos ancestrais, así como formación en cuestións como plantas medicinais ou sobre a elaboración dun bálsamo a partir de aceites esenciais.

Pola mañá, as mulleres participantes falarán dos coñecementos que teñen en torno a elementos presentes na cultura rural, como a lúa, o calendario ou os santos. Á tarde haberá un obradoiro sobre herbas mediciñais, impartido por María Bagaria, de Erva Meira, que tamén explicará a elaboración dun bálsamo mediciñal a partir dun aceite esencial.

A celebración da xornada programouse para comezos de febreiro co obxectivo de coincidir coa época de inicio das actividades do campo. O SLG lembra que é coñecida a celebración en todo o país da Virxe da Candelaria o 2 de febreiro, habendo tamén celebracións romanas, anteriores á época cristiá, nestas mesmas datas. A organización agraria sinala como a celebración das festas cristiás adoita coincidir cos calendarios agrícolas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *