As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

14 escolas da eurorexión Galicia-Norte de Portugal participan nun proxecto para difundir os beneficios da Política Agrícola Común

14 escolas da eurorexión Galicia-Norte de Portugal participan nun proxecto para difundir  os beneficios da Política Agrícola Común

Xornada formativa na EFA Fonteboa, un dos 14 centros participantes

Máis 400 alumnos e alumnas de 14 escolas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participarán nos próximos meses en FunCAP , un novo proxecto para difundir entre os máis novos os beneficios que achegan á sociedade as axudas e as regras da Política Agrícola Común (PAC).

O proxecto FunCAP está coordinado pola Fundación Juana de Vega e financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP) da Unión Europea (UE).

Neste sentido, a partir do mes de marzo de 2022 o alumnado e o profesorado de 7 centros de formación galegos e 7 de Portugal participarán nas dinámicas de xogo didáctico deseñadas polo proxecto FunCAP e contribuirán á reflexión conxunta para o deseño de propostas construtivas para o novo período de programación da PAC que se aplicará a partir do ano 2023.

As escolas de Galicia que participarán en FunCAP son:

-EFA Fonteboa-. Feiranova s/n 15147 Coristanco (A Coruña)

-IES Arzúa- Rúa do Castro s/n, 15810 Arzúa (A Coruña)

-Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude. Lugar de Quián, 15881 Sergude – Boqueixón (A Coruña)

-Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá. Pena do Pico, 27695 Becerreá (Lugo)

-Centro de formación e experimentación agroforestal de Lourizán. Rúa Igrexa, 19, 36153 Lourizán (Pontevedra)

-IES de Ortigueira. Avenida dá constitución s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)

-IES Arcebispo Xelmírez II. Rúa Irmandiños 15, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

E por parte portuguesa os centros escolares que colaboran con FunCAP son:

-Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento rural de Marco de Canaveses Rua da Igreja, nº78, 4625-390 Rosém (Portugal)

-Escola Profissional Agrícola Conde de São Bento. Longo Abade Pedrosa, 4780-368 Santo Tirso (Portugal)

-Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Ponche de Lima. Quinta do Cruzeiro, Rua de S. Mamede de Arca 768, 4990-202 Ponte de Lima (Portugal)

-Escola Profissional Agrícola Eng. Silva Nunes. Rua de Quintela nº15, 4890-414 Molares Celorico de Basto (Portugal)

-Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Vagos. Estrada Florestal – Gafanha da Boa-Hora, 3840-254 Vagos

-Escola Profissional do Alto Douro. Rua Oliveira dos Amores, 5130-338 São João da Pesqueira Viseu (Portugal)

-ETAP – Escola Profissional. Campo Sra. da Agonia, 4900-360 Viana do Castelo (Portugal)

Primeira reunión co profesorado para planificar a aplicación do proxecto

Precisamente, este pasado xoves representantes da Fundación Juana de Vega e profesorado das escolas participantes mantiveron a primeira reunión, en formato online, para planificar a marcha do proxecto nos centros escolares ao longo de 2022.

Tarefas a realizar

Así, como parte do proxecto FunCAP, a empresa galega Brazolinda desenvolverá un xogo de mesa que despois se probará ao longo do primeiro semestre de 2022 en 14 escolas de Galicia e Portugal para trasladar dun modo divertido os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa.

Ademais, o proxecto difundirá polas redes sociais contidos para desmentir as “fake news”, ou ideas erróneas e desinformación, sobre os obxectivos da PAC, un eixo estratéxico na construción da Unión Europea ao garantir o acceso da poboación europea a unha alimentación sa, segura e a prezos alcanzables.

FunCAP prevé tamén organizar 2 seminarios online con expertos na PAC, así como un seminario final con máis de 100 participantes.

Un comité asesor formado por unha ampla representación do sector primario

O proxecto FunCAP conta tamén cun Comité Asesor integrado por unha ampla representación do sector agrogandeiro da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.

Así, por parte da Fundación Juana de Vega está integrado por José Manuel Andrade Calvo e Alfonso Ribas Álvarez; como expertos na PAC conta cos profesores universitarios Edelmiro López e Artur Cristovão; por parte dos produtores a representación corre a cargo de Javier Iglesias e de Armando Fontainhas. Ademais, o Comité Asesor contará tamén con Manuel López Luaces, como representante da Axencia Galega de Calidade Alimentaria; Rosario Couto López, representando á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e Luís García e Rui Ribeiro, en representación das escolas participantes.

Máis información sobre o proxecto FunCAP: www.funcapproject.eu

@EUAgri #IMCAP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *