Leite

XVI Encontros Gandeiros de Xundeva este xoves en Lalín

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/11/2021 9:34 a.m.

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra este xoves, 2 de decembro, en Lalín os XVI Encontros Gandeiros. O evento terá lugar no Salón Teatro de Lalín. Na xornada tratarán, entre outros temas, a monitorización do rabaño de vacún de leite, os coidados para a recría ou o plan de reactivación da Granxa da Finca Mouriscade.

A continuación, detallamos o programa da xornada:

-11.00 horas. Recepción e café de benvida.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-11.15 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Avelino Souto Rozados, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín.

-11.30 horas. Gandería de precisión: Monitorización do comportamento en vacún de leite. Juan José Nuñez, responsable de monitorización MSD Animal Health Intelligence.

-12.15 horas. Recría ben, producirás mellor. Alfonso Martínez Escribano, asesor técnico veterinario de Ruminantes e équidos. Boehringer Ingelheim.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-13.00 horas. Desventuras dun veterinario galego en Latinoamérica. Antonio Souto Ferraz. Servizos Técnicos Ruminantes, unidad de mastite. Hipra.

-13.45 horas. Plan de reactivación da gandería Mouriscade. Héctor Martínez Sanz. Xefe de Sección de Explotación Gandeira Mouriscade.

-14.15 horas. Peche da xornada. Jorge Enrique Mourelo Estela, subdirector xeral da Xunta de Galicia. Manuel González Martínez, deputado provincial da Finca Mouriscade, Caan e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Luis López Diéguez, delegado territorial da Xunta en Pontevedra.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-14.45 horas. Comida de traballo.

-Consulta aquí o tríptico da xornada.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada