Leite

A Xunta volverá convocar en 2023 as axudas para certames de gando bovino selecto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/12/2022 5:52 p.m.

A Xunta anuncia que destinará o vindeiro ano 200.000 euros a unha nova convocatoria de axudas para a realización de certames de gando bovino selecto. Así o anunciou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita á Semana Gandeira de Mazaricos, na que estivo acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o alcalde deste concello, Juan José Blanco Riveiro. 

O conselleiro explicou que o obxectivo destas axudas é o de apoiar a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia. Así, sinalou que se fomentará a celebración dunha rede de eventos a realizar en diferentes puntos da xeografía galega cunha periodicidade acorde á oferta de animais, incluíndo poxas e concursos oficiais como o de Mazaricos. González engadiu que os beneficiarios destas axudas poderán ser concellos galegos que organicen certames de gando selecto.

A primeira e última convocatoria destas axudas foi no 2020, cun orzamento de 65.000 euros, dos que só se concederon menos de 12.000 euros, en concreto para as poxas gandeiras de Mazaricos (6000 euros), Ordes (3000 euros) e Chantada (2723). A pandemia do Covid 19 obrigou a suspender os certames gandeiros no 2021 e para este 2022 Medio Rural non convocou axudas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada