Agricultura

A Xunta prevé crear un polígono agrario en Tomiño para planta ornamental e fruticultura

Situaríase na zona dos Panascos, onde abundan as terras abandonadas malia terse feito unha concentración parcelaria. Este polígono dedicaríase á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo, tendo en conta que estes son os sectores produtivos máis destacados deste municipio pontevedrés

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/10/2021 9:28 a.m.

[caption id="attachment_154252" align="aligncenter" width="660"] A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto á alcaldesa, Sandra González[/caption]

A Xunta de Galicia estuda crear no concello pontevedrés de Tomiño un polígono agroforestal na zona de concentración parcelaria dos Panascos, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, analizou este mércores xunto coa alcaldesa, Sandra González, a zona onde se situaría dito polígono, que se dedicaría á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A parroquia de Goián conta con importantes empresas do sector, como Coplant ou Viveiros Río Tollo

Neste senso, Inés Santé destacou que os polígonos agroforestais constitúen un dos principais instrumentos contemplados na nova norma e subliñou que esta ferramenta voluntaria ten por obxecto a volta á produción de grandes áreas de terra con boa capacidade produtiva que alcanzaron, co paso do tempo, estados de abandono ou infrautilización.

Ademais, a representante da Consellería de Medio Rural trasladou tamén que os polígonos, xunto coas aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta, son unha figura concibida para contribuír á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais, ao exercer esta actividade de devasa natural fronte ao lume.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

534 hectáreas infrautilizadas

A parcelaria dos Panascos, finalizada no ano 2009, ten unha superficie total de 534 hectáreas, propiedade de 1.150 veciños. Debido ao elevado grado de abandono ou infrautilización que ten esta zona, o conselleiro do Medio Rural, José González, comprometeuse na última xuntanza mantida coa rexedora municipal a estudar a área e poñer en marcha unha figura de mobilización de terras que poida crear unha nova actividade económica nesta zona do Baixo Miño.

A parcelaria dos Panascos, finalizada no ano 2009, ten terras cun elevado grado de abandono

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Seguidamente, e tendo en conta que este posible polígono agroforestal se dedicaría á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo, a directora xeral visitou as instalacións das empresas Viveiros Rio Tollo e a comercializadora de planta Coplant, ambas entidades localizadas na parroquia de Goián.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada