Desenvolvemento rural

A Xunta organiza unha xornada sobre medidas preventivas e de convivencia co lobo en Galicia

Diferentes organizacións públicas e privadas buscarán medidas de protección do gando fronte a posibles ataques de lobos. Será en Rábade o 20 de outubro.

24/09/2023 11:34 a.m.

A actual coxuntura arredor da protección do lobo está creando unha serie de debates e toma de decisións que enfrontan diferentes sensibilidades. Esta idea está detrás da creación da xornada que se celebrará o día 20 de outubro na Casa das Ínsuas, no Concello de Rábade.

A reunión contará con intervencións de expertos no tratamento de medidas preventivas para a protección de vacas, cabras e ovellas. Buscarase coñecer máis sobre o lobo, a súa presenza en Galicia, como se pode convivir con el en Galicia e, para finalizar, visitaranse exemplos de peches de pastos para gardar o gando.

O lugar será a Casa das Ínsuas, en Rábade.

Programa:

• 10:00-10:15 h - Recepción de asistentes

• 10:15-10:30 h - Presentación das xornadas Santiago Crecente - AGACAL

• 10:30-10:45 h - O lobo en Galicia Óscar Rivas - AGCT

• 10:45-11:00 h - Medidas preventivas contra o lobo, que sabemos? José Vicente López Bao – Fundación Universidade de Oviedo

• 11:00-11:15 - Presentación do proxecto Joan Alibés Biosca - Beealia

• 11:15-11:45 - Resultados do proxecto Luis Llaneza Rodríguez – ARENA

• 11:45-12:45 - Intervencións das ganderías participantes

• 12:45-13:30 - Coloquio co público

• 13:30-14:30 - Visita a peches experimentais

• 14:30 - Xantar

Contacto: santiago.crecente.campo@xunta.gal, teléfono: 650594571

Etiquetado
Ir a la portada