Leite

A Xunta insiste en demandar control fronte ás importacións de leite a baixos prezos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/04/2020 10:23 p.m.

A preocupación que vén manifestando o sector lácteo nas últimas semanas pola importación de cisternas de leite a baixos prezos estáselle a transmitir ó Ministerio de Agricultura desde tódalas frontes. O conselleiro do Medio Rural volveu plantear o asunto na Conferencia Sectorial de Agricultura, na que se reuniron telematicamente tódolos conselleiros do ramo co Ministerio.

Nas últimas semanas, tanto organizacións agrarias coma cooperativas, caso de Clun, ou industrias (Leite Río) advertiron dos riscos que implicaban para o campo a entrada de cisternas de leite a baixos prezos procedentes de Francia e Portugal.

Desde a Xunta súmanse a petición que lanzou hai semanas Unións Agrarias para convocar a comisión de seguemento do Acordo Lácteo, que reúne a tódolos axentes do sector (industrias, cadeas de distribución, organizacións agrarias e cooperativas), a fin de que se aborde alí a situación de importacións tanto de leite líquido para as industrias como de produtos lácteos (queixos, principalmente) para os supermercados.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Paralelamente, a Administración galega recoñece que está aumentando as inspeccións en tódolos eslabóns da cadea para comprobar a xestión que se está facendo das importacións de leite. Cómpre lembrar que segundo a lexislación vixente en España, o consumidor debe ser informado no etiquetado do orixe do leite.

Por outra banda, a entrada de cisternas a baixos prezos, que implicarían unha venda a perdas, poden respresentar unha seria distorsión para o mercado interno. O conselleiro do Medio Rural, José González, insistiulle ó ministro de Agricultura na súa demanda de convocar o antes posible unha reunión da comisión de seguemento do Acordo Lácteo, unha reivindicación que xa lle trasladara por carta a mediados de abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada